AFONSO X

No derradeiro cuarto do século XX, a iconografía musical adquiriu un papel relevante dentro das fontes musicais ibéricas, tal e como o reflicte a creación, no ano 1971, do Repertorio Internacional de Iconografía Musical (RidIM); neste campo, as miniaturas dos manuscritos de Afonso X o Sabio constitúen un documento de primeira orde para calquera intento de achegamento á cultura medieval. 

A parte do seu valor como prosista e impulsor das ciencias, o rei Sabio foi protector da poesía e excelente cultivador dela na nosa lingua. Na súa corte reuniu a poetas occitanos, franceses e peninsulares, a xograres e músicos e fixo dela un dos máis importantes centros de poesía trobadoresca, destacando as Cantigas de Santa María, unha colección de 427 textos poéticos dedicados á Virxe María nas que se atopa a única referida a Galicia e, concretamente, a Lugo, xa que na súa catedral se sitúa un dos seus milagres. 
En colaboración co profesor Antoni Rossell, da Universidade Autónoma de Barcelona, acometemos o proxecto Os instrumentos musicais nas Cantigas de Santa María de Alfonso X, o estudo comparado deste corpus documental de ca. 1265 e concretamente da miniatura que acompaña a cantiga 160 do códice b.I.2, fol. 154 v,  conservado na Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial; isto permitiunos recuperar a historia medieval dun instrumento tan ligado á nosa tradición e enriquecer a colección que amosa toda a evolución organolóxica da zanfona.

GALERÍA DE IMAXES

 

Cantiga 160, Códice b.I.2 Biblioteca do Escorial
detalle 1
detalle 2
detalle 3
detalle 4
detalle 5
Espiga
Roseta

 

Contidos relacionados


DESCARGABLES

 

EQUIPO DE TRABALLO:

Dirección  do proxecto:
    Luciano Pérez Díaz
Investigacións: 
    Christian Rault, luthier e organólogo 
    Teresa Gómez Espinosa, Instituto do Patrimonio Cultural de España
Mestres artesáns:
    Ana Carrassón, Instituto do Patrimonio Cultural de España
    Antonio Franco, Obradoiro de Instrumentos musicais
    Christian Rault, luthier e organólogo
Coordinación administrativa:
    Francisca López López
Revisión lingüística:
    Montserrat González Álvarez