Cultura
Deportes e mocidade

Último día para solicitar ás axudas ao teatro profesional da Provincia da Deputación

cultura
proscenio
Pilar García Porto
proscenio
- Trátase do PROSCENIO, o programa de teatro profesional 2019 da Deputación, no que poderán participar compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo
- O calendario de actuacións será dende o 4 de maio ata o 31 de decembro de 2019, e o caché de cada representación dependerá da tipoloxía e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e 5.500 euros
- Todos os interesados teñen ata o 13 de marzo para presentar as súas solicitudes. Na web da Deputación, http://www.deputacionlugo.gal/, hai un banner con toda a información a complementar desta nova convocatoria

Mañá, mércores dia 13 de marzo, remata o prazo para solicitar as axudas directas que ofrece o Goberno da Deputación ao teatro profesional da provincia que este ano chega ata os 50.000 euros, duplicando o seu investimento con respecto ao ano pasado. Tratase do programa PROSCENIO que está dirixido as compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo. 

O calendario de actuacións de representación das compañías lucenses será dende o 4 de maio ata o 31 de decembro de 2019, e o caché de cada representación dependerá da tipoloxía e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 euros. Os Concellos ou Asociacións sen ánimo de lucro que desexen participar nesta iniciativa deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante correrá a cargo da Deputación.

Ata o 13 de marzo para presentar solicitudes
Todos os axentes interesados, tanto Concellos, así como as Asociacións e as compañías de teatro, teñen de prazo ata o 13 de marzo para presentar toda a documentación necesaria para participar neste proxecto. Ademais na web da Deputación, http://www.deputacionlugo.gal/, hai un banner con toda a información a complementar sobre esta convocatoria.