Cultura
Deputación de Lugo

A Praza de San Marcos acolle o concerto de Lucía Pérez con motivo da Semana das Letras Galegas

Lucía Pérez
Día das Letras Galegas
Praza de San Marcos
concerto
Lucía Pérez na Semana das Letras Galegas 2019
A artista lucense actuou na Praza de San Marcos no marco da programación cultural da Semana das Letras Galegas que organiza o Executivo Provincial

López Izquierdo subliñou que “temos numerosos escritores, artistas, actores e cantantes como Lucía Pérez que reivindican crear e vivir en galego, e aos que apoiamos desde o Goberno da Deputación”

A programación inclúe diversas actuacións musicais, espectáculos de danza, teatro e monicreques e actividades en centros educativos de toda a Provincia

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou, este martes na actuación musical da cantante lucense Lucía Pérez no marco da programación cultural que organiza o Executivo Provincial con motivo da Semana das Letras Galegas.

López Izquierdo subliñou que “a nosa cultura galega é unha cultura viva e segue creando en galego. Temos numerosos escritores, poetas, artistas, actores e cantantes como Lucía Pérez, que reivindican crear e vivir en galego, e aos que apoiamos desde o Goberno da Deputación”.

A programación cultural da Semana das Letras Galegas que organiza o Goberno Provincial e que comezou o pasado luns contará, ao longo desta semana, con diversas actuacións musicais, espectáculos de danza, teatro e monicreques e con actividades en centros educativos de toda a Provincia.

Durante toda  semana centros escolares de toda a Provincia, desenvolverán a Semana Escolar das Letras co libro manual Antonio Fraguas, Unha Epopea Vital, na que se poderá coñecer a vida do autor homenaxeado este ano, e supón, ademais un percorrido pola historia de Galicia no século XX. Por outra banda, Os Romeiros do Caracol levarán á tradición e as lendas de San Andrés de Teixido, ao público familiar da Pastoriza e Monforte.

Lucía Pérez


Lucía Pérez foi a primeira galega en representar a España no Festival de Eurovisión no ano 2011. Ademais, recibiu o galardón Galicia Sexta Provincia, como artista revelación e o Enxebre Orden da Vieira coa distinción Vieira de Honor á Calidade Artística, galardón que soamente ostentan un reducido grupo de artistas galegos. A súa canción Amarás miña terra foi seleccionada, en 2007, pola Academia da Música como candidata finalista na categoría á Mellor canción en galego para os Premios da Música. En 2005, gañou o primeiro premio do Disco-Pop de Solistas Galegos pola súa traxectoria artística.

Programación Semana Letras Galegas


Mércores 15 de maio
- Canta, Miña Pedra, Canta de Xoán Curiel e Charo Pita. Ás 18:30 horas na Praza de San Marcos.  
- Terra, espectáculo de danza da Asociación Cultural Falcatrueiros. Ás 20:00 horas na Praza de San Marcos.

Xoves 16 de maio
- Os Romeiros do Caracol espectáculo de monicreques e música. Monforte de Lemos.
- Concerto da Tradescola . Ás 18:30 horas na Praza de San Marcos.
- Concerto da Banda Filarmónica de Lugo. Ás 20:00 horas na Praza de San Marcos.

17 e 18 de maio
- Sesión vermú do Fa Ce La Fest con Chicharrón e Os Amigos dos Músicos. Xardíns da Deputación.

Domingo 19 de maio
- Letra Viva 2019 representación teatral de Palimoco Teatro. Ás  21:00 horas polas rúas do centro de Lugo.

Luns 20 de maio
- Canta, Miña Pedra, Canta de Xoán Curiel e Charo Pita. Ás 18:30 horas en Guitiriz.