Cultura
Deputación de Lugo

A Deputación impulsa o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Xermade

Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
Xermade
A Deputación impulsa o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Xermade
O Alcalde e o Deputado de Recursos Sostibles presentaron a cita, que se celebrará entre os días 20 e 22 de setembro no polideportivo municipal da localidade chairega

Fernández Rico sinalou que a Deputación colabora con este tipo de eventos, nos que, “ademais de achegarnos ao mundo dos torneiros, contribuímos a difundir e promocionar os oficios tradicionais da nosa cultura”

O programa inclúe demostracións en vivo e ademais haberá postos de venda de maquinaria, ferramentas artesanais, publicacións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas torneadas en anteriores edicións

O Alcalde de Xermade e tamén Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e o Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto a outras autoridades, presentaron este martes na Biblioteca Municipal da localidade chairega o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro, no polideportivo municipal. A Deputación colabora cunha achega económica de 6.000 euros para a celebración desta cita artesanal.

Fernández Rico sinalou que este é un encontro “xa asentado no concello de Xermade e en toda a provincia. Dende a Deputación colaboramos con este tipo de citas nas que ademais de achegarnos ao mundo dos torneiros, contribuímos a difundir e promocionar os oficios tradicionais da nosa cultura. Este evento tamén supón un importante revulsivo económico para o concello, pois achéganse centos de persoas que dinamizan a contorna da provincia”.

Este evento internacional de Torneiros de madeira contará coa presenza de expertos e profesionais da artesanía como os franceses: Alain Mailland e Bernard Azema; o castellonense Quique Prades e o galego Lolo Castro. Durante o encontro, os visitantes poderán asistir á demostracións en vivo e ademais haberá postos de venda de maquinaria, ferramentas artesanais, publicacións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas torneadas en anteriores edicións. As pezas máis estéticas e mellor elaboradas desta edición serán seleccionadas para a exposición itinerante CONtornos 2019-20.

Orixe
No ano 2001 naceron os Encontros Internacionais de Torneiros na Aldea Artesán de A Fraga, no concello de Xermade, coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaria, materias e técnicas de traballo, para logo dalas a coñecer ao maior número de persoas. Unha das finalidades didácticas que persegue este evento é divulgar os valores do oficio, algo que está a ter resultados satisfactorios, pois o público asistente ten cada vez mais argumentos para diferenciar artesanía e industria.
                                                   
Programación


Venres, 20 de setembro
- 13:00 horas: Inauguración oficial.
- 13:15: Homenaxe recordatorio de Fernando Vérez e Miguel López
- 10:30-19:30 horas: Demostracións para inscritos: Alain Mailland, Bernard Azema,   Quique Prades e Lolo Castro.
- 10:30-19:30 horas: XII CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2018-19. Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

Sábado, 21 de setembro  
-10:30-19:30 horas: Demostracións para o público: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades e Lolo Castro.
- 10:30-19:30 horas: XII CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada 2018-19. Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López. Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes. Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
- 16:00-19:30 horas: Espazo de iniciación ao torneado supervisado por monitores.
- 18:00-19:30 horas: Escolma das pezas para a Exposición Itinerante XIII CONtornos 2019-20.

Domingo, 22 de setembro
-10:30-14:00 horas: Demostracións para o público: Alain Mailland, Bernard Azema, Quique Prades, Lolo Castro.
- 10:30-13:00 horas: XII CONtornos, Exposición Itinerante de madeira torneada 2018-19.Exposición de obras de Fernando Vérez e Miguel López.
-10:30-14:00 horas: Exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes.
Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
-13:00 horas: Recollida das pezas de XII CONtornos.
- 10:30-14:00 horas: Presentación da Exposición Itinerante XIII CONtornos 2019-20.
- 13:00 horas: Clausura oficial.