Cultura
Deputación de Lugo

Sarria mostrará máis de 400 obras de 75 artesáns e artistas da comarca

Efrén Castro Caloto
Pablo Rivera Capón
Sarria
Exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria
A X Exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria celebrarase entre o 8 de setembro e o 20 de outubro no antigo cárcere comarcal

“Trátase dunha importante cita para a comarca, na que damos a coñecer aos nosos artistas e artesáns a unhas 10.000 persoas de preto de 30 países, que descubrirán a cultura e a tradición que se mantén a beira do Camiño” explicou Caloto Castro.

O Deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro Caloto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o concelleiro de Sarria, Pedro López Quiroga, presentaron, xunto co presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, a X Exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria, que terá lugar desde o próximo domingo día 8 de setembro ata o domingo 20 de outubro no antigo cárcere comarcal. 

“Trátase dunha importante cita para a comarca, na que damos a coñecer aos nosos artistas e artesáns a unhas 10.000 persoas de preto de 30 países, que descubrirán a cultura e a tradición que se mantén á beira do Camiño” explicou Castro Caloto. 

Na exposición, os visitantes poderán desfrutar de máis 400 obras duns 75 artistas e artesáns da comarca, incluíndo as asociacións de Palilleiras de Sarria, Sarricanta, Crearte ou a Asociación de Afeccionados ao Bonsai O Serbal. A mostra permanecerá aberta de 15:00 a 20:30 horas. 

Shikoku Henro 
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria colabora desde fai anos coa Asociación Camiño Shikoku Henro de Xapón, unha ruta turística e relixiosa irmandada co Camiño de Santiago que percorre a máis pequena das 4 illas principais do arquipélago, documentada desde o século XII. Ten máis de 1.200 quilómetros e pasa por 88 templos e 40 localidades. 

Na exposición poderán verse mostras deste camiño, como fotografías ou credenciais. Ademais, membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria acudirán en novembro a Xapón para promover o Camiño Francés no arquipélago nipón, e concretamente a comarca de Sarria.