Axenda Institucional
Cultura
Convocatoria Homenaxe a Benedicta
Convocatorias de Prensa
Martes, 4 de febreiro
17:30 HORAS NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE SAN MARCOS
A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acollerá unha homenaxe a Benedicta Sánchez, galardoada co Premio Goya á mellor actriz revelación pola súa interpretación na película “O que arde” dirixida por Óliver Laxe.
Será un acto aberto ao público no que participarán tamén familiares e persoal do equipo de produción do filme, ademais dos membros da corporación provincial.
Antes da homenaxe, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a actriz corguesa será recibida polo presidente José Tomé e pola vicepresidenta Maite Ferreiro.