Cultura
Deputación de Lugo

O Museo de Lugo dá a coñecer as súa colección de medallas

rede museística
exposicións
medallas
Maite Ferreiro
Exposición medallas Museo
A vicepresidenta visitou a mostra que estará exposta no Refectorio durante os meses de xullo e agosto.

Lugo, 7 de xullo de 2020.- A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, visitou este martes a exposición Medallística do Museo de Lugo, que inclúe as medallas e condecoracións orixinais máis representativas da colección do museo que conta con preto de 500 pezas.  A mostra complétase con 13 paneis con imaxes e textos divulgativos sobre a colección, que abarca cronoloxicamente dende o século XVIII ata a actualidade.

A mostra,  comisariada por Aurelia Balseiro, Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero, forma parte do programa de investigación do departamento de arqueoloxía/historia, co obxectivo de dar a coñecer os fondos arqueolóxicos do Museo en foros científicos e especializados en numismática.

Poderá visitarse, solicitando cita previa, durante os meses xullo e agosto no Refectorio do Museo. Todos os organismos e institucións interesadas poderán solicitar a itinerancia da exposición a través da cesión gratuíta, contactando coa Rede Musesística Provincial.