Cultura

"Patrimonio e sostibilidade"

A Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo acolle a mesa "Patrimonio e sostibilidade", que contará coas intervención de Mónica Díaz e Beatriz Pérez Pereira, da Asociación de Guías de Galicia; Pilar Sánchez Monje, de O sorriso de Daniel; Silvia Fiallega Lorenzo, da Rede Museística da Deputación de Lugo;  María Núñez Pertejo, da Axencia Tee-Travel; Xosé Figueroa Lorenzana, do Pazo de Sabadelle Ecoagroturismo.

Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, moderará o coloquio que forma parte do programa para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio Mundial, que se celebra o 16 de novembro.