Cultura

Relatorio sobre cruceiros, cruces e petos de ánimas de Monforte de Lemos no Museo Pazo de Tor

Dentro dos actos organizados pola Rede Museística da Deputación de Lugo con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, o  mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Aula de Didáctica do Museo Pazo de Tor unha conferencia de Fernando Arribas Arias sobre: Un exemplo de patrimonio esquecido e pouco valorado: cruceiros, cruces e petos de ánimas de Monforte de Lemos.

Arribas, responsable de Difusión da Rede Museística e autor do inventario dos cruceiros, cruces de esmoleiros da Ribeira Sacra lucense, falará sobre a importancia destes monumentos na comarca, con especial incidencia nos situados no concello de Monforte, onde se atopa un dos cruceiros máis singulares de Galicia, o do Campo de San Antón, así como tamén o peto de ánimas de Tor, único en Galicia polas súas características.