Cultura
Deputación de Lugo

Visitas do Apalpador, espectáculos de monicreques, teatro e maxia, algunhas das actividades que a Deputación achega aos concellos

NADAL CULTURAL
APALPADOR
ÁREA DE CULTURA
Maite Ferreiro
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro

Lugo, 13 de decembro de 2019.- A área de Cultura da Deputación achega, de forma gratuíta, unha programación con 30 actividades aos concellos da provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro.

A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “entre as actividades incluímos teatro, maxia, varias compañías de monicreques e visitas do Apalpador que de seguro farán as ledicias dos nenos e as nenas. É unha programación deseñada para aproveitar o tempo de lecer das crianzas e para inculcar valores, con espectáculos sobre igualdade ou manter unha figura do nadal galego como é o Apalpador, quen ademais transmite a importancia da conservación do Medio Ambiente”

Corais
Durante estas datas tamén se organizan 22 actuacións de grupos corais polas rúas de Lugo, así como polas Igrexas Parroquiais do municipio. Comezarán o xoves 19 de decembro.

Rede Museística
A Rede museística tamén organiza tamén unha programación específica de Nadal, xirando en torno á sostenibilidade  e centrándose na colección propia de cada Museo. Son un total de 16 actividades dirixidas a públicos de todas as idades, que poden consultar na web da entidade. Para participar é necesario formalizar a inscrición no Museo onde se vaia realizar a actividade.