Cultura

Manuel Monge presenta “Os restos do franquismo en Galiza” este xoves no Pazo de San Marcos

Memoria Histórica
A asistencia ao acto, organizado pola área de Memoria Histórica, require reserva previa, no correo cultura@deputacionlugo.gal

O sociólogo e ensaísta Manuel Monge presentará o libro “Os restos do franquismo en Galiza” no salón de actos do Pazo de San Marcos o vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19.00 horas.

A publicación, editada por Laiovento, recompila en 400 páxinas arredor de 600 símbolos franquistas que aínda se manteñen en 87 concellos de Galiza, con datos actualizados a marzo de 2020. 

No inventario figuran rúas, retratos, placas, esculturas e outras distincións que exaltan, honran e distinguen persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra a República ou que formaron parte dos gobernos da ditadura e colabroran ou ocuparon cargos de responsabilidade nas institucións do franquismo.

A capacidade do salón de actos está limitada, dacordo coa normativa sanitaria vixente, a trinta persoas polo que para asistir ao acto, organizado pola área de Memoria Histórica, cómpre anotarse previamente a través do correo cultura@deputacionlugo.gal, indicando nome e contacto das persoas que acudirán.