Cultura Deputación de Lugo

COLOQUIO DA ILUSTRADORA BEA LEMA EN MONFORTE

IES A Pinguela

 

A ilustradora e debuxante de cómic Bea Lema impartirá un coloquio titulado “O proceso creativo na ilustración” ao alumnado do centro educativo.

 

A actividade forma parte do programa ilustrarNÓS, que se puxo en marcha o pasado mes de xaneiro, coincidindo co Día da Ilustración, e que pretende ampliar o coñecemento desta expresión artística, das súas técnicas e creadores e fomentar a creatividade.

 

A programación inclúe unha vintena de obradoiros, charlas e intervencións artísticas en centros educativos e un certame escolar, aberto á participación de alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.