Logo Celme de Zanfona

 

 

Catálogo de Zanfonas Históricas

1 PDF      CAD 2 PDF      CAD 3 PDF      CAD 4 PDF      CAD 5 PDF      CAD
6 PDF      CAD 7 PDF      CAD 8 PDF      CAD 9 PDF      CAD 10 PDF      CAD
11 PDF      CAD 12 PDF      CAD 13 PDF      CAD 14 PDF      CAD 15 PDF      CAD
16 PDF      CAD 17 PDF      CAD 18 PDF      CAD 18 PDF      CAD 20 PDF      CAD
21 PDF      CAD 22 PDF      CAD 23 PDF      CAD 24 PDF      CAD 25 PDF      CAD

 

 

 

 

 

 


 

Presentación

A zanfona en Galicia está intimamente ligada ao Obradoiro-escola de instrumentos musicais, creado na Deputación de Lugo no ano 1951 por iniciativa de Antonio Fernández. Os seus primeiros directores, Faustino Santalíces e Paulino Pérez, foron os artífices da súa recuperación na que, tamén, tivo un papel destacado o musicólogo Fernando López Acuña. Coincidindo co seu setenta aniversario programamos o I Encontro, CELME de zanfona, coa participación de todos os protagonistas do sector, desde os pioneiros ata os máis vangardistas, cun completo programa de conferencias, mesas redondas, comunicacións, concertos e exposición ao redor deste instrumento milenario. Este encontro estivo motivado pola nosa longa traxectoria investigadora e formativa sobre o patrimonio musical galego, con diferentes actuacións desenvolvidas ao longo destes anos como: a construción das primeiras zanfonas en dúas tonalidades diferenciadas, na etapa de transición, 1975-1978, da man de Antón Corral e Jesús e Luciano Pérez; os primeiros cursos de construción e interpretación, de acceso gratuíto, coa participación de mestres internacionais como Claude Flagel, Christian Rault, Laurent Tixert ou Valentín Clastrier; a posta en marcha, no 1983, da Escola de gaitas e zanfonas, no propio contorno do pazo da Deputación; reconstrucións históricas como: o organistro medieval, as cinfonías das Cantigas de Alfonso X, a zanfona-órgano e copias de modelos tradicionais únicos e Innovacións como o sistema de roda desmontable ou o deseño dun novo modelo evolucionado, no ano 1997, co fin de impulsar e popularizar o seu uso e que significou un importante impulso favorecendo a creación de escolas para a aprendizaxe.

Presentamos, neste encontro, en colaboración cos principais museos de Galicia, dos que destacan as coleccións do museo de Pontevedra e da Colección de instrumentos musicais da Deputación de Lugo, -con documentos que reconstrúen toda a historia organolóxica do instrumento-, asociacións culturais e coleccionistas privados, este catálogo dixital das zanfonas que conservan co fin de facilitar o acceso interactivo e coa posibilidade de tomar algunhas medidas básicas sen necesidade de acceder, directamente, aos instrumentos, evitando, por outra parte, o inevitable deterioro. Este formato permite, por outra parte, actualizar os contidos cada vez que teñamos informacións relevantes.


Impulsar, consolidar e incentivar a interacción entre os investigadores, mestres artesáns, escolas e músicos na evolución da música e do instrumento musical, promovendo, nesta cidade, un novo espazo de recoñecemento ás/aos profesionais que desenvolven con afán a súa actividade.


Luciano Pérez Díaz

Director da Colección de instrumentos musicais, obxectos sonoros e arquivo documental