Cultura
Deputación de Lugo

Izado da bandeira LGTBI e inauguración da exposición Lugo Diversx na Praza de San Marcos

rede museística
Orgullo LGTBI+
Maite Ferreiro
Izado bandeira LGTBI
A mostra, que consta de 30 paneis con siluetas humanas, que pode a vindeira semana na Praza e nos xardíns do Museo Provincial, viaxará nos vindeiros meses por toda a provincia.

Lugo, 26 de xuño de 2020 - Este mediodía izouse na Praza de San Marcos a bandeira LGTBI+, un xesto simbólico a favor das reivindicacións históricas do colectivo LGTBI para acadar unha sociedade que garanta os dereitos e a igualdade das persoas sexa cal sea a súa identidade e orientación sexual nas vésperas do Día do Orgullo LGTBI que se celebra o domingo, 28 de xuño.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, destacou que "este ano o Orgullo LGTBI se centra en incrementar a visibilidade das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, historicamente sometidas a unha dobre discriminación pola súa condición de mulleres nunha sociedade machista e pola súa identidade e orientación" e valorou este tipo de actos como forma "de rexeitar e poñer barreiras fronte aos estereotipos negativos que tantas veces acompañan ás mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais"

No acto, inaugurase a exposición "Lugo Diversx. Orgullosxs de ser, vivir e amar libremente", formada por 30 paneis en forma de siluetas humanas que recrean a loita LGTBI+ pola diversidade. A mostra, que poderase verse ao longo da vindeira semana na Praza e nos xardíns do Museo Provincial, viaxará nos vindeiros meses por toda a provincia.