Cultura
Deputación de Lugo

Comezaron as demostracións de técnicas de tecido programadas polo Centrad no marco da exposición Tecer para crer

CENTRAD
Tecer para Crer
artesanía
Miriam Fernández
Do 17 de agosto ao 9 de setembro, seis tecedoras amosarán o seu oficio na Capela de San María

Lugo, 19 de agosto de 2020.-  Este luns comezaron na Capela de Santa María as demostracións de técnicas do tecido organizadas polo Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de forma paralela á exposición Tecer para crer.

Ata o 9 de setembro, Miriam Otero, Xosefina Sedes, Lourdes Otero, Idoia Cuesta, Milagros Vázquez e María Jesús Alonso  amosan o seu oficio ás persoas interesadas en coñecer técnicas como o tecido de nós, o tapiz gobelino, o encaixe de blonda ou a confección de redes de pesca e o manexo de aparellos tradicionais como o tear de baixo lizo.

O desenvolvemento das actividades está condicionado polas medidas de prevención adoptadas para evitar o espallamento da Covid-19. Así, as artesás farán as demostracións e darán as explicacións correspondentes mantendo a distancia interpersoal co público.

As persoas interesadas en asistir deben comunicalo previamente a través do teléfono 982210066 (en horario de 9 a 14 horas) ou do correo  info.centrad@deputacionlugo.org.

Tecer para crer

As demostracións forman parte das actividades artelladas arredor da exposición Tecer para crer, que reúne na Capela de Santa María unha mostra de colchas, mantas, tapices e outros pezas textís confeccionadas por mullres pioneiras nos oficios do tecido na provincia.  A exposición seguirá aberta ata finais de setembro.