Cultura
Deputación de Lugo

Os instrumentos medievais do Centrad locen no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
A MEMORIA DO SON
CENTRAD
INSTRUMENTOS MEDIEVIAIS
PÓRTICO DA GLORIA
PAZO DE XELMÍREZ
A mostra "A memoria do son", con réplicas baseadas en iconografía medieval, poderase ver no museo compostelá ata o 31 de agosto

Efrén Castro destacou a "importancia de levar a exposición ata Compostela para a proxección e o recoñecemento internacional do patrimonio musical do Centrad"

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro asistiu á presentacioni oficial da exposición "A memoria do son", con fondos instrumentais do Centro de Artesanía e Deseño no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela. A mostra, cunha escolma da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros, reúne diferentes réplicas de instrumentos musicais que se podían ver e escoitar na Galiza dos séculos XII e XIII.

Así, o museo compostelán unha zanfona, viola de brazo, (que segue o modelo das que portan sete dos vintecatro anciáns do pórtico), unha viola de perna e unha  cítola (como as que se representan na Sala de Cerimonias do Pazo de Xelmírez), unha rota (semellante a do rei David da fachada exterior do Pórtico da Gloria), unha xiga (inspirada na que porta o rei David da fachada de Praterías) e un  organistro A mostra, con clara vontade divulgativa e didáctica,  permite interactuar cos instrumentos e escoitar os seus sons. 

No acto de presentación, Efrén Castro sinalou que “a inauguración desta mostra itinerante en Compostela supón un gran impulso para a proxección e recoñecemento internacional da colección e do traballo realizado no obradoiro de instrumentos do Centrad desde a súa creación no 1951” e “trae as pezas ata súa orixe  xa que parte dos fondos instrumentais e documentais da mostrado  parten de investigacións desenvolvidas sobre a iconografía do pórtico da Gloria e sobre as esculturas do rei David que se conservan na propia catedral”.

Pola súa parte, o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, destacou a importancia de acoller esta exposición nos espazos de visita do Museo, xa que ven complementar todo o discurso museístico cunha vertente da arte tan vinculada á historia medieval da catedral como é a música.

A exposición permanecerá aberta no Pazo de Xelmírez ata o próximo 31 de agosto, e será visitable con calquera modalidade de visita do Museo Catedral de Santiago. O catálogo da exposición, que está comisariada por Luciano Pérez, director da Colección visitable de Instrumentos Musicais do Centro de Artesanía e Deseño da Deputacíon de Lugo nesta ligazón.