Cultura
Deputación de Lugo

Christian Villamide presenta a peza escultórica Inhumación III, que poderá verse no Museo de Lugo ata finais de ano

VICEPRESDIENCIA DEPUTACÍON LUGO
cultura
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Maite Ferreiro
CHRISTIAN VILLAMIDE

Christian Villamide presentou esta venres no Museo de Lugo a peza escultórica Inhumación III, creada para o proxecto  “Cabodano” impulsado polo Centro de Estudos Fotográficos (CEF), como epílogo e celebración da actividade editorial que a entidade desenvolveu desde 1985 ata o ano 2016, coa publicación de 44 obras de fotografía contemporánea.

Sobre un torniquete que amordaza unha serie de libros de colección Do Trinque, editados polo CEF, Christian Villamide eleva unha estrutura de aceiro corten, gravada e pulida con pó de ouro da que saen dous feixes de láser verde, coa que representa, por un lado, a perda e o oco da mesma e polo outro, todo o que nos fixo medrar como sociedade máis culta  como consecuencia deses proxectos hoxe varados no tempo

A peza quedou instalada na sala de arte sacra, establecendo un diálogo coa pintura da  Virxe Dolorosa. Permanecerá no Museo de Lugo ata finais de ano.

Cabodano, reivindicación da actividade do CEF

Christian Villamide súmase con esta proposta a un proxecto, comisariado por Manuel Sendón, no que particparon, desde 2019,  artistas de distintas disciplinas con pezas e intervencións inspiradas nos títulos editados polo CEF presentadas en distintos espazos expositivos e centros culturais de Galiza. O Museo de Lugo acolleu en outubro do ano pasado a da fonsagradina Mönica Alonso.