Cultura
Deputación de Lugo

Lugo estrea a mostra  “Os batismos da meia noite” de Joan Alvado, gañador do X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
PREMIO GALICIA FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA
Maite Ferreiro
OUTUNO FOTOGRÁFICO
JOAN ALVADO

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a mostra “Os batismos da meia noite” do valenciano Joan Alvado, gañador do X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea organizado pola Asociación Outono Fotográfico coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A mostra exhibe un proxecto fotográfico realizado nas serras da Raia que debulla ritos e crenzas da cultura galego-portuguesa. En Lugo comeza un itinerario expositivo que ha continuar durante os dous vindeiros anos por cidades galegas e portuguesas, achegando a fotografía contemporánea ao público.

Na inauguración da mostra, na que participaron o autor, o presidente da Asociación Outono Fotográfico Xosé Lois Vázquez e o curador Vítor Nieves, a vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro felicitou a Joan Alvado por un proxecto “que se nos fai moi próximo por todo o que temos en común co norte de Portugal e que interpreta un legado transmitido a través das xeracións que desaparece” e recoñeceu “o traballo da organización”, sinalando a internacionalización que ten logrado o Premio que, nos últimos tres anos, trouxo a Lugo proxectos do colombiano Felipe Romero (Redución), da portuguesa Patricia Barbosa (Prova) e do galego Lois Cid (Estruturas de Fusión).

“Os batismos da meia noite” foi o proxecto seleccionado na décima edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na que se recibiron máis de 100 traballos enviados fundamentalmente desde países europeos e suramericanos.

A mostra poderá verse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ata finais de febreiro.