Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renova a colaboración coa Sociedade Filarmónica de Lugo, dando estabilidade á súa programación de concertos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
SOCIEDADE FILARMÓNICA DE LUGO
Maite Ferreiro
MÚSICA CLÁSICA

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renova a súa colaboración coa Sociedade Filarmónica de Lugo a través dun convenio que contribuirá ao financiamento da tempada de concertos que a entidade organiza no Circulo das Artes de Lugo, unha oferta cultural única ao ser a única tempada de concertos de música clásica estable da provincia.

A área de Cultura achega 15.000 euros para esta programación que cada edición trae a Lugo agrupacións de cámara e solistas de gran prestixio internacional. A tempada vixente, que comezou o pasado mes de setembro e concluirá o vindeiro mes de maio, pecharase  coa celebración de 11 concertos, a sumar ás máis de 650 actuacions que teñen organizado desde que comezaran a súa actividade social en 1947.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o secretario da Sociedade Filarmónica José Luis Díaz Núñez asinaron o convenio de colaboración e valoraron a boa acollida dos concertos. Maite Ferreiro sinalou que “esta colaboración anual pretende dar estabilidade ao traballo da entidade, que achega a toda a poboación a música culta universal”.

Os concertos da Real Filharmonía de Galicia coa dirección de Amandine Beyer o 14 de abril e da Camerata da Sinfónica de Galicia coa dirección de W. Rosinskij e Dasha Rosinskij no piano o 3 de maio serán os últimos concertos da tempada.