Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora co Festival de Pardiñas,  exemplo do traballo do asociacionismo galego a prol da cultura

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
IRIA CASTRO
FESTIVAL DE PARDIÑAS
XERMOLOS
Guitiriz
Iria Castro participou na presentación da 44 edición, que se celebra do 4 ao 6 de agsoto en Guitiriz

O Festival reunirá grupos e músicos de Galiza, Euskadi, Asturies, Catalunya, País Valenciá, Escocia, Francia, Bretaña, Chile ou Colombia

A deputada de Cultura Iria Castro participou este luns na presentación XLVI Festival de Pardiñas, que se celebra do 4 ao 6 de agosto en Guitiriz. O programa comeza o venres co certame de Cantos de Taberna polos bares e rúas de Guitiriz e continú sábado e domingo no recinto do Festival, cunha vintena de concertos, obradoiros e espectáculos musicais de grupos e músicos de Galiza, Euskadi, Asturies, Catalunya, País Valenciá, Escocia, Francia, Bretaña, Chile ou Colombia.

No acto, celebrado no Balneario de Guitiriz, Iria Castro parabenizou á Asociación Xermolos pola organización dun festival que é parte das “vivencias da veciñanza de Guitiriz e de moitas e moitos  persoas de toda Galiza que ao longo dos anos disfrutamos aquí da música, do baile e do bo ambiente”.  “Que todos e todas poidamos desfrutar de Pardiñas non é froito da casualidade, é froito do traballo incansable de Xermolos, un exemplo da boa saúde da que goza o asociacionismo galego”, apuntou.

Nesa liña, o presidente da Asociación Xermolos Alfonso Blanco reivindicou o Festival de Pardiñas como unha festa de familia que implica na organización a toda a veciñanza e lembrou a contribución de Pardiñas á fomento da creación artística con iniciativas como Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil.

Na presentación participaron tamén Xurxo Souto, Richi Casás e a alcaldesa de Guitiriz e deputada provincial Marisol Morandeira, así como integrantes da Asociación Xermolos e edís do goberno local. A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 20.000 euros para a organización do Festival de Pardiñas.

Programa