Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro visitou a necrópole medieval descuberta en Castroverde

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
IRIA CASTRO
NECRÓPOLE MEDIEVAL
Castroverde
SAN MIGUEL DE PÁRAMO
patrimonio

 A deputada de Cultura Iria Castro visitou esta mañá os restos da necrópole medieval descubertos recentemente en San Miguel de Páramo, en Castroverde durante as obras de consolidación das ruínas da casa reitoral da parroquia.

A responsábel de Cultura estivo no lugar acompañada pola arquitecta municipal e por responsables do obradoiro dual de emprego,  no marco do que se estaban realizando os traballos que propiciaron o achado. Foron localizadas e documentadas 27 tumbas antropomorfas.

Segundo expuxeron, dacordo coas directrices marcadas pola Xunta de Galiza, a quen corresponden ás competencias de patrimonio, nos vindeiros dous meses realizarase unha cobertura provisional do achado para garantir a súa protección mentras se desenvolve un proxecto de conservación e posta en valor.

Iria Castro interesouse polas accións a realizar para conservar e poñer en valor o xacemento e subliñou que “á espera dos datos que poida achegar a investigación, as primeiras valoracións atribúen a este achado unha gran relevancia, valorándose como unha das maiores necrópoles medievais ao descuberto en Galiza, o que supón unha oportunidade para reforzar a proxección do concello a nivel patrimonial e cultural”.