Cultura
Deputación de Lugo

A Casa das Asociacións de Lugo, Castro de Rei e Pino, en Cospeito, acolleron as últimas visitas da Apalpadora

IRIA CASTRO
Programa Nadal
APALPADORA
Maite Ferreiro
A Vicepresidencia da Deputación levou este contacontos musicado polas diferentes comarcas con 25 actuacións en colaboración con asociacións e centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro achegáronse este mediodía ás Casa das Asociacións María Mariño de Lugo, que acolleu unha das visitas da Apalpadora programadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo este Nadal. Un contacontos musicado no que “a filla do Apalpador” fala ás crianzas deste personaxe  tradicional do Nadal galego e da súa historia.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, protagonizan este espectáculo, que estivo a xirar por todas as  comarcas con 25 funcións programadas en colaboración con asociacións e centros educativos, e que pretende afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal.

Iria Castro e Maite Ferreiro valoraron a colaboración da Asociación de Rioplatenses en Lugo, que colaborou na organización deste espectáculo “que mestura a música e a narración oral, co que ademais de popularizar un personaxe do Nadal galego como é  o Apalpador,  se pon en valor o Courel e o patrimonio natural que rodea a súa figura,  trasladando aos nenos e nenas a importancia de coidar do territorio”.

As nenas e nenos de Castro de Rei e de Pino, en Cospeito tamén desfrutarán hoxe deste espectáculo que nas tres últimas semanas chegou tamén a localidades do Vicedo, Viveiro, Pol, Foz, Guitiriz, Vilalba, Samos, Monterroso, O Saviñao, Mondoñedo,Cervantes, Láncara, Castroverde, A Pontenova ou Ríotorto.

Calendario

Domingo, 10 de decembro
O VICEDO
AA.VV. San Román do Vicedo: Casa da Cultura do Vicedo ás 17 horas
AA.VV. O San Miguel: Local Social da asociación ás 18:30 horas

Luns, 11 de decembro
VIVEIRO
EEI San Roque: Biblioteca do centro
POL
ANPA CEIP Rosalía de Castro: Instalacións do centro

Xoves, 14 de decembro
FOZ
CEIP Fondo Nois: Ximnasio do centro

Luns, 18 de decembro
COSPEITO
CPI Plurilingüe Virxe do Monte: Ximnasio do centro
LUGO
ANPA CEIP Illa Verde: Auditorio Gustavo Freire ás 18 horas

Martes, 19 de decembro
VILALBA
CEIP Terra Chá: Aula Multiusos

Xoves, 21 de decembro
SAMOS
CEIP de Samos: Comedor Escolar

Venres, 22 de decembro
MONTERROSO
Asociación Cultural Falcatrueiros: Centro Sociocultural ás 17 horas

Sábado, 23 de decembro
O SAVIÑAO
Asociación Lavandeira: Local Social de Currelos ás 16:30 horas
COSPEITO
Asociación Cultural  A    quilino Iguesia Alvariño: Casa da Cultura de Muimenta ás 19:30 horas

Domingo, 24 de decembro
VIVEIRO
Asociación Cultural Pro:  Praza Maior ás 12:30 horas
MONDOÑEDO
Asociación Cultural O Pasatempo: Auditorio ás 17 horas
Luns, 25 de decembro
CASTRO DE REI
Asociación San Martiño de Goberno: Escola de Goberno ás 17 horas
GUITIRIZ
AA.VV. Os Vilares: Escola Habanera da Conchada ás 19:30 horas

Martes, 26 de decembro
CERVANTES
ANPA CPI de Cervantes: Instalacións do centro ás 12 horas
LÁNCARA
Asociación Cultural Val de Láncara: Antiga Escola ás 17 horas
CASTROVERDE
ANPA CPI de Castroverde: Instalacións do centro ás 19:30 horas

Venres, 29 de decembro
A PONTENOVA
Eco das Minas (A Chocolateira): Salón de Actos da Casa da Cultura ás 12 horas
RIOTORTO
AA.VV. De Santa Comba da Órrea: Antiga Escola de Órrea ás 17 horas

Sábado, 30 de decembro
LUGO
Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplantenses: Casa das Asociacións (Rúa Montefaro) ás 12:30 horas
CASTRO DE REI
Asociación de Amingos da Feira: Teleclube ás 16:30 horas
COSPEITO
AA.VV. Recreativo e Cultural San Maritño de Pino: Escola de Pino ás 19 horas