buxiganga

… e seguindo a senda da Barraca Lorquiana, os cómicos de Buxiganga lanzáronse a percorrer toda a provincia, achegando o teatro a lugares onde nunca se fixera e a públicos que nunca o viran …

O Buxiganga cumple 10 anos viaxando polos concellos da provincia. Actores, directores, colaboradores, e por suposto as compañías, as asociacións e os concellos coa colaboración da Deputación, todos xuntos, facemos unha gran familia que impulsa, ano tras ano, este proxecto cultural apaixoante e divertido. Co Buxiganga da Deputación, as rúas, as prazas e os centros culturais de todas as vilas énchense de maxia, de humor, de sorpresa e de anécdotas coa única finalidade de achegar o teatro afeccionado a todos os recunchos da provincia.