Centrad

 

O Centro de Artesanía e Deseño é un instrumento para a promoción da cultura dos oficios, a integración, a cohesión e a mellora da competitividade dos obradoiros artesáns de toda a provincia. Acolle nas súas salas de exposicións permanentes do Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional, xunto coa Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros.

Convidámoste a achegarte e coñecer este espazo, unha mostra palpable da nosa historia e a nosa cultura, que se fai visible, ademais das instalacións do propio centro, tamén no espazo expositivo da capela de Santa María, nos museos da Rede Museística e nas actividades organizadas e apoiadas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Teléfono de contacto: 982 21 00 66