A MÚSICA NOS MANUSCRITOS DE LEONARDO DE VINCI 

Leonardo nace na cidade estado de Florencia o 15 de abril de 1452 e morre en Francia o 2 de maio de 1519. Foi un revolucionario, un xenio e un visionario, foi a expresión culminante da cultura renacentista que se caracterizou pola estreita interrelación entre artes e ciencias.

Na súa obra ocupouse tamén da música á que definiu como “alimento da alma e a máis sublime de todas as artes”, son numerosos os bosquexos, debuxos e notas manuscritas que se conservan nos códices: manuscrito do Instituto de Francia, París 1487-1499; códice Atlántico da Biblioteca Ambrosiana de Milán 1478-1518; códice Arundel que se conserva no Museo Británico de Londres 1503-1505 e os códices Madrid I e II conservados na Biblioteca Nacional de España 1492-1505, neles podemos ver unha gaita de fol continuo e un órgano de man coa importante novidade de dispoñer o teclado en vertical, conseguindo, así, un movemento máis ergonómico da man e anticipándose tres séculos á invención do acordeón.
Destacan, igualmente, a gran cantidade de debuxos dedicados ao estudo da viola organista, instrumento de corda experimental que comparte dous elementos comúns co organistro e a zanfona: a roda é a solución técnica do teclado para producir a melodía. Este instrumento sería precursor do geigenwerk, construído por Hans Hayden, a finais do s. XVI,  e Fray Raimundo Truchado,  no 1629, que conta con varias rodas de fricción.

No ano 2003, Villamonte editores reuniu a un equipo internacional para materializar os soños, as súas teorías científicas e técnicas  na creación de novos instrumentos musicais e así son reconstruídos un conxunto de 19 instrumentos que se presentan no proxecto Leonardo da Vinci y la música, na Biblioteca Nacional, en Madrid, coa participación do Ministerio de Educación Cultura e Deporte. Un pequeno grupo destes instrumentos pódense contemplar na colección de instrumentos musicais, obxectos sonoros e arquivo documental do CENTRAD.

GALERÍA DE IMAXES

 

Campanólogo
Carraca
Códice Arundel  ca. 1503-5  Museo Británico, Londres
Códice Arundel ca. 1503-5, Museo Británico, Londres_2
Códice Atlántico ca. 1497-9, Biblioteca Ambrosiana, Milán
Códice Atlántico, ca. 1478-1518, Biblioteca Ambrosiana, Milán
Códice Atlántico, ca.1487-90, Biblioteca Ambrosiana, Milán
Exposición Biblioteca Nacional
Frauta glissando
Manuscrito ca. 1487-99,  Instituto de Francia, París
Tambor carraca
Tambor frauta
Tambor modulador
trompa
zambomba

EQUIPO DE TRABALLO:

 

Dirección do proxecto:

Alfredo Melgar, Villamonte editores

Investigacións e Mestres artesáns:

Akio Obuchi

Joaquín Lois

Joaquín Saura

Luis Payno

Luciano Pérez

Simone Vignato

Coordinación administrativa:

Paloma Feito, Villamonte editores