A traída historica de auga de Mondoñedo

 

 

 

cuberta mapa traída mondoñedo 1
cuberta mapa traida mondoñedo 2

TÍTULO
Enxeñería Hidráulica do s. XVIII na cidade de Mondoñedo. A traída histórica de auga
Colección Gubia nº 4.
AUTORES
Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés García Doural, Miguel Chao, Magdalena Domenech
ISBN
978-84-8192-617-0
ANO DE EDICIÓN
2026
FORMATO:
21x26,5 cm. 
SINOPSE:
Unha das máis importantes obras civís realizadas no século XVIII en Mondoñedo, que abasteceu de auga potable ata o ano 1928 a súa poboación. O libro tén unha importante colección de fotografías do interior das galerías da traída. Incorpóranse varios roteiros diferentes para poder visitar o percorrido coas coordenadas GPS e puntos de interese para subir a calquera aplicación de orientación.

Prezo: 30,00 €

INCLÚE MAPA DO PERCORRIDO

Mapa traída hca Mondoñedo

 

 

Conciencia dunha tradicion

 

TÍTULO
Conciencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós
AUTORES
Luis Hixinio Flores Rivas; Óscar Lantes-Suárez; María Pilar Prieto Martínez; Manuel Fernández López, Lolo; Orlando Viveiro Veiga
Prólogo: Felipe Arias
Gravado do colofón: Carlos Varela Veiga
ISBN
978-84-8192-613-2
ANO DE EDICIÓN
2025
FORMATO:
30 x 21 cm. Encadernación rústica con lapelas.
SINOPSE:
A publicación máis máis importante sobre as formas da cerámica popular desde Luciano García Alén. Ofrécense aquí tres presentacións das pezas xunto a unha análise arqueométrica nunca aplicado á cerámica popular. Achégase, xa que logo,  información do seu interior permitindo a reprodución das pezas aínda que se perdese a transmisión oral do coñecemento técnico dos oleiros que as fixeron.
Este é o 3º volume da colección sobre as formas tradicionais da cerámica popular, precedido dos volumes monográficos sobre Samos (esgotado) e Bonxe. 
Para que mans novas labren novas pezas

Prezo: 37,00 €

 

Mil documentos

 

TÍTULO
Mil documentos sobre a muralla romana de Lugo.Séculos XVI ao XX
AUTOR
Aldolfo de Abel Villela
ISBN
978-84-8192-616-6
ANO DE EDICIÓN
2026
CARACTERÍSTICAS:
21 x 27 cm. Tapa dura con sobrecuberta a cor, gardas ilustradas e punto de lectura
 SINOPSE:
O traballo do historiador lugués Adolfo de Abel Vilela sobre a muralla de Lugo é un referente a todos os niveis. Neste volume, o autor compila e transcribe un enorme arquivo documental sobre o monumento grazas ao que podemos ver a súa evolución durante os catro últimos séculos completos até o s. XX.
Estes documentos foron sobre os que seu forma ao actual Plan Director da muralla romana de Lugo. 

Prezo: 54,00 €

 

Philtáte 7

 

TÍTULO
...aut recpti beneficio se obligatos putant. Formas non coercitivas de transformación indíxena
Colección Philtáte nº 7 Estudos e actas sobre a antiga Gallaecia
COORDINADORES
Dolores Dopico Caínzos 
Manuel Villanueva Acuña
ISBN
978-84-8192-613-2
ANO DE EDICIÓN
2025
CARACTERÍSTICAS:
21 x 26,5 cm. Tapa branda gofrada de 300 gr, a cor e con lapelas
SINOPSE:
O sétimo volume da colección Philtáte completa algúns aspectos que vimos no anterior. En ambos tomamos como punto de partida a frase de Cicerón, recollida nas súas Catilinarias, nas que comentaba como se debían de tratar os inimigos: Aut oppressi serviunt aut recepti beneficio se obligatos putant (Cat. 4.22) Con gran brevidade sintetizaba as distintas formas de integración que Roma lles aplicaba ás comunidades indíxenas segundo a actitude que mostraran cara a ela. 
A nosa intención é aproximarnos ao cambio protagonizado polos indíxenas, tanto nas diversas modalidades de autorromanización, nas que hai unha clara emulación dos modelos romanos, como aquelas que son froito dunha intervención encuberta pero que, en todos os casos, teñen como elemento común a ausencia de violencia.

Prezo: 30,00 €

 

Pancho da Barrela

 

TÍTULO
Francisco Domínguez Mosquera. Pancho da Barrela
AUTOR
Frank Domínguez
ISBN
978-84-8192-612-5
ANO DE EDICIÓN
2025
CARACTERÍSTICAS:
 17 x 24 cm. Tapa dura, con gardas en cor.
SINOPSE:
Nesta investigación biográfica escrita polo seu neto, o lingüista norteamericano Frank Dominguez, debullase a traxectoria vital dunha persoa pouco coñecida pero de grande influencia e actividade na súa época. Emigrante á Habana, membro fundador da sociedade microterritorial Sociedad de Instrucción Chantada Carballedo y sus Comarcas, membro da directiva do Centro Gallego; moi vinculado ao agrarismo de Basilio Álvarez (parente de súa muller Celsa); militante e financiador do Partido Galeguista; fundador e mecenas principal do Sindicado Agro-Cultural de Carballedo... a actividade frenética de Francisco Dominguez Mosquera, Pancho da Barrela serve de fío condutor para coñecer o devir da Galicia no primeiro terzo de século; aquela que o golpe de estado de 1936 truncaría para sempre levando a figuras boas e xenerosas como Pancho ao esquecemento.
Prezo: 17,00 €

 

Fraga amurallada

 

TÍTULO
A fraga amurallada. 2ª edición
AUTOR
Darío Xohán Cabana 
Limiar e edición de Alexandra Cabana Outeiro
ISBN
978-84-8192-592-0
ANO DE EDICIÓN
2023
CARACTERÍSTICAS:
13x21 cm. Tapa branda gofrada de 300 gr, a cor e con lapelas
SINOPSE:
É este un retrato lírico e sociolóxico da cidade de Lugo, cunha homenaxe ás fillas e fillos do arado que viñeron poboar o Lugo de posguerra e debuxaron a cidade que hoxe é. Son os mesmos barrios os habitados polas daquela emigrantes da aldea os que hoxe acubillan as migrantes da aldea global de agora. Xaora, tamén é un canto á cidade que estivo e xa non se ve.
Esta segunda edición estivo ao coidado de Alexandra Cabana Outeiro. Fíxose sobre a integrada en Vinte cadernos (Xerais, 2003) e as anotacións de DXC do seu arquivo dixital. Nas palabras da editora está a mellor das descricións: 
O libro que o Darío lle dedicou á cidade na que estudou, viviu e traballou a maior parte da súa vida laboral tiña que ser editado cun especial coidado. Partimos do libro tal e como o publicou el por última vez, no ano 2003, e en nota ó pé sinalamos como eran esas palabras, secuencias ou versos na edición primeira.”
Prezo: 16,00 €

 

Xogos Ancares

 

TÍTULO
Xogos tradicionais e populares dos Ancares
AUTOR
Ismael López
Ilustracións de Lucía Barrios
ISBN
978-84-8192-610-1
ANO DE EDICIÓN
2024
CARACTERÍSTICAS:
17x24 cm. Tapa branda de 300 gr, estucado mate,  con lapelas. 
SINOPSE:
Neste traballo de recolleita polas serras e vales dos Ancares, Ismael Álvarez consegue xuntar unha presada destes xogos, libralos do esquecemento e poñelos a dispor de quen quixer. Aparecen aquí as versións ancaresas de xogos tradicionais, algúns tamén propios doutras partes do país.
As 70 ilustracións de Lucía Barrios recréannos cun aceno amable e colorido os momentos clave destes xogos, facendo desta publicación unha fermosa guía ilustrada para o noso tempo de lecer.
É tempo de botármonos fóra e volvermos brincar sen máis pantalla que o ceo.
Prezo: 17,00 €

 

Estudo Música Galega

 

TÍTULO
O estudo da música a través da cultura popular galega.
Unha achega didáctica ao folclore musical en Galicia
Colección Pescuda nº 3.
AUTOR
Rodrigo Vázquez García
ISBN
978-84-8192-609-5
ANO DE EDICIÓN
2024
CARACTERÍSTICAS:
17x24 cm. Tapa branda verxurada de 300 gr, a unha tinta directa e con lapelas. 
SINOPSE: 
O desenvolvemento deste traballo nace da necesidade de formular unha proposta de carácter didáctico-pedagóxico para o aproveitamento do material etnomusical derivado da investigación musicolóxica galega. De tal xeito presentamos nesta nova proposta non só os recursos didácticos e pedagóxicos da investigación científica, senón tamén un método de traballo para o seu aproveitamento e a súa implementación nas aulas de educación primaria e secundaria.
O violinista e docente Rodrigo Vázquez concibe a música tradicional na Educación Secundaria cunha perspectiva programada didacticamente que, á súa vez, se segmenta en diversas unidades, co cal se afianza e facilita o traballo do docente, mais tamén do alumnado, máxime se lembramos o epígrafe adicado a desbotar os prexuízos existentes en torno á música tradicional, óptica explicada en virtude de múltiples exercicios creativos.

Prezo: 18,00 €

 

Á marxe da lei

 

TÍTULO
Á marxe da lei.
A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966)
Colección Gubia nº 3.
AUTORA
Tamara López Fernández
ISBN
978-84-8192-611-8
ANO DE EDICIÓN
2024
CARACTERÍSTICAS:
21x26,5 cm. Tapa branda de 300 gr, estucado mate, con lapelas. 
SINOPSE:
Nesta investigación a doutora Tamara López analiza a delincuencia no partido xudicial de Lugo para coñecer mellor a vida cotiá dos cidadáns de a pé no contexto histórico da ditadura: quen delinque e por que. Debulla a realidade da delincuencia luguesa desde dous parámetros, un marcado por unha mirada introspectiva ao período de máxima consolidación do franquismo, entre 1945 e 1966, e outro definido pola necesidade de realizar unha comparativa co acontecido en épocas precedentes.
Neste territorio conflúe o mundo urbano e o rural; polo que é diverso, converxente e plural ao mesmo tempo; tanto no económico, no social como no delituoso en moitos aspectos. Cun núcleo de poboación urbana e outros municipios eminentemente rurais na súa contorna, as súas tendencias vanse bifurcar progresivamente co devir do tempo.
É de relevancia resolver con base en datos empíricos a nosa memoria colectiva influída polo discurso oficial da ditadura Franquista, que deixou no esquecemento a dureza da vida diaria de moitas persoas, retratándoas como delincuentes e non como supervivintes.

Prezo: 30,00 €

 

Mudar en común

 

TÍTULO
Mudar en común. 
Unha análise sociohistórica dos cambios no rural galego (1959-1982)
Colección Gubia nº 2.
AUTORA
Alba Díaz-Geada
ISBN
978-84-8192-608-8
ANO DE EDICIÓN
2024
21x26,5 cm. Tapa branda de 300 gr, estucado mate,  con lapelas. 
SINOPSE:
Mediando o século pasado comeza un proceso de baleirado e transformación do rural galego polo que a riqueza deixa de medirse en vacas, as vacas deixan de ter nome, os nomes apréndense en lingua fina e as nenas finas estudan para chegar a algo. Trátase dunha metamorfose tan ampla e complexa, que non hai maneira de abrazala toda dunha soa gabela. Velaquí a proposta da doutora Alba Díaz-Geada: ollar ese cambio desde abaixo, para comprobar se desde aí podemos dar cunha interpretación distinta da convencionalmente asumida.
Se ademais de lermos o Plan de Desenvolvemento escoitamos a Lola e a Manoel e a Jennifer e a Breogán, pode que sexamos quen de formularmos novas preguntas. Compartimos un relato herdado dun suposto proceso natural, lineal, lóxico. Son os labregos vítimas ou verdugos? Heroes ou superviventes? Quen son “os labregos”? Que poden facer? Que fan? É o final da sociedade rural ou a súa reinvención?
Vamos repensar un proceso aínda vivo e fundamental para comprendermos o mundo no que vivimos. Vaia por diante que non imos descubrir ningunha América e que sempre houbo máis dunha maneira de mirar.

Prezo: 32,00 €