Convocada a XVII Edición do Premio Ramón Piñeiro “Facer País”, co apoio da Deputación
- Está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, coa que colaboración de diferentes asociacións da Comarca de Sarria e O Corgo, xunto con Concello de Láncara e o Colexio “Ramón Piñeiro” da Pobra de San Xiao
-Algúns dos premiados en edicións pasadas foron a Asociación Xermolos, Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, Real Academia Galega e Mini&Mero ou Margarita Ledo entre outros
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde presentou este mércores no Salón de Actos da Deputación, a XVII Edición dos Premio Ramón Piñeiro “Facer País”, coa que colabora o Goberno da Deputación. No acto estivo acompañado polo Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, o Secretario da Asociación Val de Láncara, Carlos López Sierra, o Profesor do Colexio Ramón Piñeiro de Láncara e Presidente da A.C. Arumes de O Corgo, Xurxo Rodríguez Lozano e o Profesor do I.E.S. Gregorio Fernández de Sarria Luís Ángel López Melle.
O Deputado remarcou que “é fundamental seguir reivindicando a nosa historia e a nosa cultura, como fai neste caso a asociación Val de Láncara e os veciños deste Concello a través deste premio, que xa obtiveron personalidades ou entidades como a Asociación Xermolos, Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, Real Academia Galega e Mini&Mero ou Margarita Ledo, entre outros”.
O Alcalde de Láncara explicou que “para o Concello é un verdadeiro prestixio a edición deste premio xa que leva o nome de Láncara por todo o mundo, e por iso queremos agradecer a colaboración e a implicación da Asociación Val de Láncara que cada ano impulsa este certame, reivindicando a figura dun fillo de Láncara como Ramón Piñeiro”.
Entregase a finais de outubro
Este ano celebrase a edición numero XVIII, é pretende recoñecer a labor realizada ao longo do tempo por persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galega. Non ten dotación económica e o agasallo é un peza de arte de artistas do país ou algunha edición especial de libros. Está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara, coa que colaboración de diferentes asociacións da Comarca de Sarria e O Corgo, xunto con Concello de Láncara e o Colexio “Ramón Piñeiro” da Pobra de San Xiao . A entrega do premio realizarase a finais de outubro en Láncara. Todas as persoas ou entidades que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo enviando as súas propostas ao Concello de Láncara ata principios de outubro.