Antas de Ulla vive un concerto único da man da Banda de Música e a Orquestra de Malabares, co apoio da Deputación
- A Deputada remarcou que “este concerto é un dos proxectos mais orixinais e suxerentes que existen actualmente no eido escénico de Galicia. Aunando dous mundos artísticos nun mesmo escenario como son o circo e a música”
- “Quero convidar a todos os veciños e visitantes a achegarse a Antas de Ulla para desfrutar deste espectáculo de instrumentos dourados, tambores, pratillos e maxistrais obras clásicas, no que tamén haberá funk, blues, camisetas e gafas de sol”
A Deputada de Cultura avanzou que os veciños e visitantes de Antas de Ulla poderán desfrutar dun concerto único da man da Banda de Música e a Orquesrta Malabares, co apoio da Deputación. “A cita será mañá sábado día 22, a partir das 20:00 horas na Praza Nova. Este novo proxecto musical é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas, xunto a Banda de Música, nunha cita que non deixará indiferente a ninguén”, sinalou. Hoxe haberá ensaios a partir das 6 da tarde, na mesma Praza.
García Porto remarcou que “este concerto é un dos proxectos mais orixinais e suxerentes que existen actualmente no eido escénico de Galicia. Aunando dous mundos artísticos nun mesmo escenario como son o circo e a música. Por iso, quero convidar a todos os veciños e visitantes a achegarse a Antas de Ulla para desfrutar deste espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas e maxistrais obras clásicas, no que tamén haberá funk, blues, camisetas e gafas de sol”.
A Deputada agradeceu “o compromiso da Escola de Música de Antas de Ulla, da que forma parte a Banda, pola súa implicación para dinamizar a vida cultural e musical da Comarca da Ulloa. Este concerto non sería posible sen a implicación de todos os que formades parte desta gran familia, profesores, alumnos, pais e nais, que seguen traballando en prol dun proxecto exemplar como é esta Escola de Música”, resumiu.
Achega da Deputación
García Porto lembrou que o Goberno da Deputación promove a formación na Escola de música de Antas de Ulla cunha achega de 6.000 euros. Con cargo a este investimento do organismo provincial contratan a dous profesores de clarinete e saxo, o alugueiro e compra de instrumentos para poder realizar as clases, así como a celebración do campamento musical. A Escola está formada por preto de 80 alumnos e 9 profesores, e impártense clases nas dependencias da Casa da Cultura ou nas aulas do Colexio de Antas, e na Casa de Cultura de Palas de Rei. A Banda de Música, forma parte desta Escola, que dirixe Javier González, está composta por 45 alumnos.