Cultura
Deputación de Lugo

Os veciños de Chantada contan con mellores accesos e centros socias renovados, grazas ao Goberno da Deputación

Chantada
cultura
Mellora centros sociais en Chantada
O Executivo Provincial investiu 150.000 euros en mellorar os servizos dos núcleos de Vilauxe, Mundín, Casteda, Uriz e Villardamos. Desta cantidade, 30.000 euros destináronse ao arranxo de locais sociais e 75.000 ao acondicionamento de vías

Campos Conde supervisou as obras realizadas na Casa Escola de Mundín, que funciona como centro social da veciñanza, e comprobou as melloras acometidas nos camiños de Casteda, na parroquia de Arcos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou as obras realizadas polo
Executivo Provincial, cun investimento de 150.000 euros, para mellorar os servizos e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Chantada. O titular provincial estivo acompañado polo Alcalde de Chantada, Manuel Varela.

Campos Conde coñeceu de primeira man os traballos de reforma na Casa Escola de Mundín, unha antiga escola utilizada polos veciños como lugar de xuntanza e reunión. O investimento da Deputación permitiu renovar o tellado e solucionar os problemas de humidade. Ademais da de Mundín, tamén se acondicionou a Casa Escola de Vilauxe.

O Presidente sinalou que “se investiron nas dúas obras un total de 30.000 euros para o acondicionamento dos locais. Son actuacións que responden ás demandas da propia veciñanza e que inciden directamente na súa calidade de vida”.

Na súa visita a Chantada, Campos Conde tamén supervisou os arranxos realizados polo Executivo Provincial nas estradas de Casteda, na parroquia de Arcos, onde viven uns 50 veciños e que conta con explotacións gandeiras, que se verán directamente beneficiados por estas melloras.

Esta non é a única obra que o Goberno Provincial desenvolveu nos camiños dos núcleos rurais chantadinos, xa que tamén se renovou o firme e se acondicionaron os accesos de Mundín, Uriz, Villardamos, o barrio da Ponte e o acceso a San Esteban. En total, investíronse 75.000 euros en mellorar as vías de Chantada.

 

Mellora centros sociais en Chantada