Cultura
Deputación de Lugo

A colaboración da Deputación converteu a Fundación Uxío Novoneyra na entidade que máis proxectos europeos desenvolve en Galicia

Fundación Uxío Novoneyra
Imaxe deputación de lugo
A Deputada explicou que “grazas a este convenio durante o 2018 puidéronse levar a cabo obras de mantemento e mellora na casa-museo do poeta, ademais de poñer en marcha proxectos de innovación cultural como o Creative Europe SILO (Operacións Literarias Socialmente Inclusivas), que conta con financiación europea, un programa que durará tres anos e levará a literatura a pequenos núcleos rurais da provincia, e outros colectivos vulnerables”. Durante 2018 celebrouse a IV edición do Festival dos Eidos, en Folgoso do Courel “unha iniciativa de ocio pero tamén formativa, que dinamiza a vida cultural da Comarca, cunha filosofía moi concreta sobre ensino permanente a través da literatura, compartida con outros proxectos por toda Europa, a rede LITFEST, e que nos sitúa na vangarda social e da creatividade no continente, como demostra a nominación para os Premios de Festivais Ibéricos na categoría de Festival non Musical” destacou García Porto.