Cultura
Deputación de Lugo

Máis de 300 alumnos da provincia participaron no VII Concurso de Postais de Nadal co que colabora o Goberno da Deputación

VII Concurso de Postais de Nadal
Imaxe deputación de lugo
García Porto participou este sábado na entrega de premios deste certame que organiza FAPACEL e no que participaron 310 alumnos de toda a provincia

O Goberno da Deputación colabora con FAPACEL cunha achega económica de 10.000 euros para a celebración de diversas iniciativas escolares na provincia durante o ano

García Porto subliñou “ o compromiso do Goberno Provincial cos máis nenos a través de colaboracións como a que temos con FAPACEL”

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, entregou os Premios do VII Concurso de Postais do Nadal FAPACEL, Asociación coa que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 10.000 euros. No evento tamén participaron a Xerente do Museo Provincial de Lugo, Encarna Lago González  e representantes de FAPACEL.

García Porto destacou “o labor desta Asociación como organizadora deste Certame, por ter conseguido que máis de 300 lucenses participasen na sétima edición dun Premio que xa é toda una tradición entre os estudantes da provincia”.

Nesta VII Edición do Concurso participaron máis de 300 alumnos en representación de 19 colexios de diferentes puntos da provincia, repartidos entre as distintas categorías (Infantil, Primaria I, Primaria II e Secundaria). A Deputación entregou un libro aos gañadores, que tamén recibiron uns reloxos intelixentes.

As gañadoras dos premios, entregados por García Porto, foron: Branca Fernández Guerreiro (CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo) na categoría Infantil, Daniela Pérez Arana (CEIP das Mercedes de Lugo) na categoría Primaria I, Sabela Recamán Meilán (CEIP Rosalía de Castro de Lugo) na categoría Primaria II,  e Sonia Gallardo Fernández (CPI Cervantes de Cervantes) na categoría Secundaria.

O evento foi celebrado na Sala de Mosaicos do Museo Provincial de Lugo, e foi presentado polo Mago Antonciño. Ademais, contou coa participación dun coro musical.

FAPACEL
A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo, FAPACEL, é unha asociación de ANPAS que defende  e promulga un modelo de escola pública, participativa, integradora, laica, pluralista e que eduque na diversidade, na tolerancia, na solidariedade, integradora, laica, pluralista e que eduque na diversidade, na tolerancia, na solidariedade e sen discriminación por razóns éticas ou de sexo.  Dende o ano 1980, esta federación, formada por máis de 100 ANPAS de toda a provincia, ven traballando, de forma voluntaria, coa finalidade de contribuír a mellorar a educación dos seus fillos.