Cultura
Deputación de Lugo

Máis de 40 actividades enchen Lugo no Nadal, grazas á Deputación, Concello e Comerciantes

Nadal
cultura
Actividades Nadal
Trátase dunha campaña coa que se busca promover as compras no pequeno comercio lucense ao tempo que se ofrece unha programación lúdica gratuíta para nenos coa que dinamizar o centro da cidade da muralla

Santos Ramos destacou que “esperamos que todos os lucenses desfrutemos do ambiente navideño e festivo, para realizar compras, pero tamén como opción de ocio e entretemento para nenos de todas as idades”

Contacontos, representacións teatrais, a visita de Papa Noel ou paseos en cabaliños mecánicos, son só algunhas das actividades que terán lugar polas rúas do centro histórico de Lugo, entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro

Hai tamén un concurso de Postais de Nadal para os máis pequenos. Repartiranse 1.500 postais para que os cativos pinten e escriban un slogan. O 4 de xaneiro elixiranse as postais gañadoras, que recibirán xoguetes por valor de 250 €

O Voceiro do Goberno Álvaro Santos Ramos, xunto coa Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Presidente de Lugo Centrum CCA, José Luis Pérez, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentou Vive o Centro este Nadal, unha campaña coa que ditas entidades encherán o centro da cidade da muralla con máis de 40 actividades gratuítas dirixidas, na súa maioría, aos máis pequenos. Terán lugar na Praza Maior de Lugo así como nas rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de xaneiro.

O Voceiro destacou que “o que buscamos é dinamizar o casco histórico da cidade de Lugo con actividades para os máis pequenos para que así, os pais poidan facer as súas compras no comercio local. Son ademais unhas datas festivas nas que, como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas son os protagonistas. Esperamos que todos os lucenses desfrutemos do ambiente navideño e festivo, para realizar compras, pero tamén como opción de ocio e entretemento para nenos de todas as idades”.

Méndez López animou a todos os pais a facer as súas compras no comercio local, nos establecementos á pe de rúa e de proximidade, ao tempo que os nenos poden desfrutar da amplísima oferta de actividades que haberá no centro da cidade durante todo o Nadal.

Seijas e Pérez apuntaron que o Nadal é unha das épocas máis importantes para o comercio local. Non en vano as compras durante estas datas representan do 25% das vendas anuais, superando o 30% en tendas infantís ou droguerías, o que da mostra da necesidade de realizar campañas de impulso e dinamización do comercio.


Programación de Nadal
Son un total de 40 actividades que se desenvolverán no centro da cidade de Lugo do 20 de decembro ao 4 de xaneiro, e nas que poderán participar, de xeito totalmente gratuíto, centos de nenos de todas as idades. Tamén hai outro tipo de actividades nas que poderán participar os maiores, como panxoliñas ou representacións teatrais. A programación é a seguinte:

Xoves 20
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.

Venres 21
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
De 12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
Ás 17:00 horas: Contos de Nadal con Fátima Fernández na carpa da Praza Maior
De 17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da carpa da Praza Maior

Sábado 22
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 a 20:00 horas: Cantos de Panxoliñas polas rúas do centro.

Domingo 23
11:00 a 13:00 - 17:00 a 20:00 horas: Animación con “Papa Noel e Mama Noel” nas rúas do centro.

Luns 24
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Papá Noel recibe aos nenos na carpa da Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Mércores 26
11:00 a 13:00 - 17:00 a 19:00 horas: Animación percorrendo as rúas do centro con Boneco de Neve
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Xoves 27
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 horas: Teatro coa obra Un Paxe Real en Apuros, na carpa da Praza Maior
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Venres 28
11:00 a 13:00 horas: Animación percorrendo as rúas do centro con Branca
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas:. Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Sábado 29
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 horas: Gemola e os seus contos de Nadal con Gemma Pardo
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Domingo 30
17:00 a 20:00 horas: Festa de Noitevella para nenos na carpa da Praza Maior

Luns 31
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.

Mércores 2
11:00 a 13:00 - 17:00 a 20:00 horas: Animación percorrendo as rúas do centro con Circo
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Xoves 3
11:00 a 13:00 - 17:00 a 20:00 horas Animación percorrendo as rúas do centro con A Luz do Nadal
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Venres 4
17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Rei Mago recibe aos nenos na carpa da Praza Maior.
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Manualidades, Imos facer aos Reis Magos, na carpa da Praza Maior
17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Ademais, tamén hai programado o Concurso de Postais de Nadal para os máis pequenos. Así, repartiranse unhas 1.500 postais para que os cativos pinten e escriban un slogan para participar no concurso. Todos os participantes levaran de agasallo un chaveiro navideño. O 4 de xaneiro elixirase as postais gañadoras que recibirán xoguetes por valor de 250 €.  

Comprar no pequeno comercio ten premio
Compre lembrar que durante este nadal a campaña Merca e Gaña polo Nadal, que promove a Deputación, xunto aos colectivos da Federación de Comercio, e coa colaboración do Concello, sortea 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros entre as persoas que merquen en calquera dos establecementos asociados da Provincia, ata o 6 de xaneiro. Terán sacarlle unha fotografía ao ticket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante.

 

Actividades Nadal