Cultura
Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación ofrece 24 actividades gratuítas para este fin de semana coa súa programación de Nadal

Nadal
O Goberno da Deputación ofrece 24 actividades gratuítas para este fin de semana coa súa programación de Nadal
As actividades lúdicas, culturais e educativas que se celebran durante a fin de semana e o luns 31 están dirixidas aos máis pequenos e ás familias

Haberá actividades nas rúas, representacións teatrais e obradoiros nos museos da Rede Museística, recitais nas rúas e nas distintas igrexas parroquiais


Vive o Centro este Nadal


Dentro da campaña de apoio ao comercio de Lugo, celebraranse actividades gratuítas dirixidas, na súa maioría, aos máis pequenos. Terán lugar na Praza Maior de Lugo así como nas rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de xaneiro.

Sábado 29
- 12:00 horas a 14:00 horas - 17:00 horas a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.

- 17:00 horas a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.

-  17:00 horas: Gemola e os seus contos de Nadal con Gemma Pardo.

- 17:00 horas a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior.

Domingo 30
- 17:00 horas a 20:00 horas: Festa de Noitevella para nenos na carpa da Praza Maior.

Luns 31
- 17:00 horas a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.

Mercado de Nadal e actividades


Continúa aberto o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos, que conta con 13 artesáns, así como unha caseta dedicada a programación propia que inclúe actividades e obradoiros.

Paralelamente ao Mercado de Nadal, a Deputación organiza, ata o 4 de xaneiro, numerosas actividades infantís gratuítas, entre as que destacan espectáculos de maxia ou deseño e decoración para as festas. Todas terán lugar na Praza de San Marcos.

Sábado 29
- De 16:00 horas a 20:00 horas: Globoflexia.

Domingo 30
- De 16:00 horas a 20:00 horas: Decoración para a mesa de Ano Novo.

O Nadal na Provincia


O Goberno da Deputación leva de xeito completamente gratuíto aos concellos da Provincia 100 actividades dentro da súa programación de Nadal. As actividades para a fin de semana e máis para o luns 31 son as seguintes:

Sábado 29
- 10:30 horas e 13:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Pavillón Municipal, Trabada.
- 12:00 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Biblioteca Municipal, Xermade.
- 16:30 horas e 19:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Casa da Cultura, A Pontenova.
- 19:30 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Casa da Cultura, O Valadouro.
Domingo 30
- 10:30 horas e 13:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Antiga Nave Gandeira da Cruz do Incio, O Incio.

- 11:30 horas, 13:30 horas, 16:00 horas e 19:00 horas: O Baúl do Mago. Praza de España, Monforte de Lemos.

- 16:30 horas e 19:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Centro Sociocultural de Mosteiro, Pol.

- 17:00 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Casa da Cultura “Olga Novo” Pobra do Brollón.

- 18:00 horas: Mago Deimi. Ás 18:00 h. Escola da Aldea de Moreda, Folgoso do Courel.

- 18:00 horas: Mago Carlos. Edificio Sociocultural, Pantón.

- 18:30 horas: Maxia pola Igualdade. Fani Triana. Casa da Cultura, Sarria.

- 19:00 horas: A Gata con Zocas. Casa da Cultura, Antas de Ulla.

Luns 31
-    11:30 horas, 13:30 horas, 16:00 horas e 19:00 horas: O Baúl do Mago. Praza do Campo da Feira, Guitiriz.

-    12:00 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Casa da Cultura, Pedrafita do Cebreiro.

-    16:30 horas e 19:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Casa da Cultura, O Vicedo.

-    18:00 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Casa da Cultura, Guntín.

Obradoiros na Rede Museística


O Goberno da Deputación tamén realiza obradoiros na Rede Museística. Estas actividades contan cun total de 320 prazas, aínda que tamén hai actividades sen límite de asistencia, por exemplo, continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas.

Recitais
Ademais a cidade tamén acolle 23 recitais de corais, programados para estas datas, nas que actuarán 12 agrupacións polas rúas e as igrexas parroquiais. A programación para sábado 29 e domingo 30 é a seguinte:

Sábado 29
- 18:30 horas: Asociación Músico Vocal Xeada, Parroquia San Francisco Javier
- 20:00 horas: Cantar Delas, na Parroquia A Nova
Domingo 30
- 12:00 horas: Asociación Coro San Antonio, na Parroquia de Albeiros