Cultura
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle unha exposición para promover a Semana Santa de Burela

Burela
Semana Santa
Presentación da exposición sobre a Semana Santa de Burela
Nesta exposición poden verse imaxes de gran valor cultural da procesión burelense como por exemplo a Virxe das Dores (finais do S.XVII), ou outras como a María Magdalena, unha custodia de madeira moderna de oliveira, así como vestimenta sacerdotal, un sagrario e dous mantos da virxe

García Porto sinalou “con esta mostra tamén contribuímos a promocionar a candidatura para que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, un distintivo que axudará a promover e impulsar este evento fóra da nosa provincia”

A exposición poderá verse ata o 27 de Xaneiro no Pazo de San Marcos. De luns a venres, en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, sábados de 10:30 horas a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este venres na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, a mostra Semana Santa de Burela, Hai un lugar para ti, organizada pola Asociación Cultural da Semana Santa da vila que poderá verse ata o 27 de Xaneiro. Esta colección conta con ducias de imaxes que se empregan nesta cita relixiosa, así coma unha exposición fotográfica que amosa as características da Semana Santa desta vila da Mariña Lucense. No acto participaron tamén o Alcalde de Burela, Alfredo Llano; a Presidenta da Asociación Cultural da Semana Santa, Oliva Cabanas; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Párroco de Burela, Jesús Álvarez.

García Porto remarcou “con esta mostra todos os lucenses e visitantes poden descubrir a Semana Santa de Burela, unha das máis importantes da nosa provincia. Ademais tamén contribuímos a promocionar a candidatura para que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, un distintivo que axudará a promover e impulsar este evento fóra da nosa provincia”.

Neste senso, a Deputada quixo poñer en valor “o gran labor realizado pola Asociación Cultural da Semana Santa de Burela que xunto co Concello, están a traballar intensamente para dar a coñecer esta cita”.  

A Deputada sinalou que “nesta exposición poden verse imaxes da procesión burelense de grande valor patrimonial e cultural, como por exemplo a Virxe das Dores (finais do S.XVII), a de María Magdalena, unha custodia de madeira moderna de oliveira, así como vestimenta sacerdotal, un sagrario e dous mantos da virxe.”  

O Alcalde, Alfredo Llano, agradécelle a Deputación a implicación para promover a Semana Santa e tamén sinala “vai a ser un bo escaparate para dar a coñecer a Semana Santa de Burela”.

Semana Santa de Burela

A Semana Santa de Burela conta cunha única confraría a do “Santísima Cristo e Maria Santísima das Dores”, que é a dinamizadora desta cita que concilia os oficios no interior do templo coas procesións na rúa. Ademais, os estandartes de devocións de Perú ou Portugal, están presentes nas procesións, reflexo da presenza de inmigrantes. No pasado 2018 dende o Concello acudiron a FITUR para dar a coñecer a nivel nacional e internacional esta Semana Santa, a cal xa conta cunha gran afluencia de veciños e turistas, sendo unha das máis importantes da mariña lucense.