Cultura
Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación renova a sede da Fundación Uxío Novoneyra cunha achega de 15.000 euros

cultura
Courel
Sinatura dun convenio de colaboración coa fundación 'Uxío Novoneyra'
Os principais traballos realizáronse na paneira e a forxa edificacións que forman parte do conxunto arquitectónico e teñen un importante valor etnográfico, ao ter características propias do Courel. Tamén se arranxou o forno, que volve estar operativo despois de 50 anos

García Porto explicou “a rehabilitación deste conxunto ten un carácter estratéxico, polo seu gran valor patrimonial, pola súa historia e significado, pode ser considerado exemplo das construcións tradicionais labregas galegas e tamén de toda Europa”

O organismo provincial tamén realiza axudas para recuperar as casas doutros escritores da provincia. Como por exemplo a casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo; en Guitiriz a recuperación da casa natal de Díaz Castro, e tamén co mantemento da casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou este luns dunha nova colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra, coa que se realizaron obras de mellora na Casa da Fonte, sede da Fundación e Casa-museo do poeta do Courel que cada ano visitan 5.000 persoas. Esta achega económica de 15.000 euros, engádese a outra de 20.000 euros para a realización e promoción das actividades gratuítas de dita entidade, na que participaron 1.500 persoas na pasada anualidade.

García Porto explicou que “os principais traballos realizáronse na paneira e a forxa edificacións que forman parte do conxunto arquitectónico e teñen un importante valor etnográfico, ao ter características propias do Courel. Tamén se arranxou o forno, que volve estar operativo despois de 50 anos”.

“A rehabilitación integral deste conxunto ten un carácter estratéxico, polo seu gran valor patrimonial, pola súa historia e significado, pode ser considerado exemplo das construcións tradicionais labregas galegas e tamén de toda Europa, ademais do seu vínculo coa nosa literatura e historia, e pese ao seu interese, somos a única administración que colabora na súa conservación” remarcou García Porto.

Recuperación da paneira propia do Courel
Os traballos realizados incluíron a recuperación da paneira: unha construción propia do Courel, a súa función era conservar alimentos, substituíndo aos hórreos doutras comarcas galegas. Está construído como un corredor voado que conecta ás dúas alas do edificio principal, e que grazas a súa arquitectura, acollerá o arquivo da Fundación, único galego coa acreditación do programa PARES do Ministerio de Cultura, e que inclúe documentos históricos desde o século XVII ademais dos fondos literarios que pertenceron ao poeta, converténdoa nunha Paneira Patrimonial.

A casa da Fonte
A Casa da Fonte, situada en Parada do Courel, é unha casona gandeira, inventariada como conxunto arquitectónico patrimonial, grazas á iniciativa da Deputación de Lugo, en 2015, ten un grande valor ao tratarse da casa segundona do antigo señorío de Pacios. Está incluída dentro do programa de visitas do Ministerio de Educación, polo que durante 2018 acudiron máis de 60 colexios de toda España, desde Castela a Mancha ata Melilla.

Outras colaboracións
O organismo provincial tamén realiza axudas económicas para recuperar as casas doutros escritores da provincia de Lugo. Como por exemplo, a casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo; en Guitiriz a recuperación da casa natal do poeta Díaz Castro, e tamén co mantemento da casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei.