Cultura
Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación leva os sons modernos de Cherry Sweet ao Vello Cárcere

cultura
música
Cherry Sweet no Vello Cárcere
O Executivo Provincial promove este evento, en colaboración co Concello e a Asoc. Amigos de Escobi Jazz. A cita é o 10 de febreiro ás 13:00 horas. A entrada é gratuíta

Cherry Sweet é unha banda de Swing moderna e orixinal que versiona temas de todos os tempos. As tres cantantes galegas Sabela Cereijo, Sandra Lima e Laura Martínez, están acompañadas por Isaac Garabatos, Gustavo Hernán e Diego "Noti"

García Porto avanzou que “facemos este concerto dentro da nosa aposta pola dinamización musical na provincia”

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación dentro da súa aposta pola dinamización musical na provincia promove un concerto do grupo Cherry Sweet. Este evento celebrase o vindeiro 10 de febreiro ás 13:00 horas no Vello Cárcere de Lugo. A entrada é completamente gratuíta.

García Porto remarcou “que a cita esta organizada en colaboración co Concello de Lugo e a Asociación de Amigos de EscobiJazz. E facémolo traballando da man para impulsar actividades que dinamicen a vida cultural da cidade, ao tempo que se propón unha programación musical alternativa para o ocio”.

Banda de Swing
Cherry Sweet é unha banda de Swing moderna e orixinal que versiona temas de todos os tempos. As tres cantantes galegas Sabela Cereijo, Sandra Lima e Laura Martínez, están acompañadas polos músicos Isaac Garabatos, Gustavo Hernán e Diego "Noti" Valero, e cos seus sons transpótannos a outra época chea de harmonías, cor e boa enerxía.