Cultura
Deputación de Lugo

Todos os centros escolares da provincia poden participar na nova edición do certame de debuxo da Tradescola

cultura
concurso de debuxo
Presentación concurso de debuxo da Tradescola
A Deputada de Cultura presentou este luns no CENTRAD a VII Edición do concurso de debuxo dirixido a escolares da provincia, no que poden participar os nenos que cursen 1º, 2º e 3º de primaria

Os contidos e as formas dos concurso tratará sobre os instrumentos da música tradicional galega. Os participantes teñen de prazo ata o 1 de marzo para presentar os seus traballos

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns no CENTRAD o VII Certame de Debuxo que organiza a Tradescola, dirixido a escolares da provincia, no que por primeira vez poden participar todos os centros escolares da provincia que cursen 1º, 2º e 3º de primaria. No acto estivo acompañada pola coordinadora da asociación, Mónica Fernández.

García Porto sinalou que “nesta nova edición do concurso da Tradescola poderán participar todos os alumnos da provincia, e ademais outra novidade deste certame é que os gañadores verán expostos os seus traballos no CENTRAD, na segunda quincena do mes de marzo”.

A Deputada convidou “a todos os alumnos e centros escolares da provincia a participar nesta nova edición, na que os traballos deben estar realizados á man usando ceras, lapis, rotuladores, acuarelas ou similares. Os contidos e as formas dos debuxos son libres, pero todos tratarán sobre os instrumentos da música tradicional galega. Cada concursante poderá enviar un só debuxo”.

Premios
Os 25 alumnos e alumnas finalistas recibirán un lote agasallos con material didáctico de música tradicional, así como os centros escolares onde cursen estudios. Ademais o gañador do certame recibirá un premio consistente na matricula gratuíta nunha materia da Tradescola no curso 2019/2020 ou no centro máis cércano. E o centro educativo ao que pertenza o gañador tamén recibirá agasallos consistentes nunha visita guiada ao CENTRAD, un obradoiro para os máis novos a cargo do Obradoiro de Instrumentos musicais, e un concerto didáctico de musica tradicional a cargo da Tradescola.

Prazo ata o 1 de marzo
Os debuxos deberan presentarse  na Tradescola (Centro de Lug2, r/ Pintor Corredoira, n.4, CP: 27002- Lugo , ou ben na Area de Cultura da Deputación , r/ San Marcos, n.8, CP: 27001-Lugo. Os participantes teñen de prazo ata o 1 de marzo de 2019.

 

Bases da Convocatoria