Cultura
Deputación de Lugo

As Mulheres e as Máscaras da autora sarriá Mercedes Vázquez Saavedra no Museo Provincial

cultura
Museo Provincial
As Mulleres e as Máscaras, exposición no Museo Provincial
A lucense presenta dúas coleccións nas que amosa un traballo de investigación na que as protagonistas son as Mulheres galegas e portuguesas do mundo rural. E outro proxecto etnográfico sobre as Máscaras que fotografou dende os anos 90, nas que reflicte como se viven estes festexos en España e Portugal

García Porto remarcou que a autora “presenta dous proxectos valentes e cargados de simbolismo, e dende unha perspectiva chea de compromiso e de paixón pola súa terra e cunha especial sensibilidade cara as mulleres e aos seu traballo na sociedade actual”

Ademais, como actividade complementaria o día 12 de marzo, ás 19:00 horas, a Sala Multiusos do Museo acollerá unha mesa redonda sobre O mundo da máscara. Neste encontro realizárase un percorrido histórico polos principais entroidos de Galicia

As dúas mostras, suman un total de 190 imaxes, e poden verse ata o 31 de marzo

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este venres no Museo Provincial dúas coleccións da autora sarriá Mercedes Vázquez Saavedra que poderán verse ata o vindeiro 31 de marzo. “A escritora presenta dúas traballos nos que amosa por un lado, un proxecto de investigación sobre as Mulheres do mundo rural, tanto de aldeas galegas como do norte de Portugal. E por outro, exhibe as Máscaras que fotografou dende os anos 90, nas que amosa como se viven estes festexos tradicionais de entroido en España e Portugal”, avanzou García Porto.

A Deputada dixo que Saavedra “presenta dous proxectos valentes e cargados de simbolismo, que teñen varios nexos de unión, por unha banda a muller, e por outra as nosas costumes e as nosas tradicións. E por suposto, faino dende unha perspectiva chea de compromiso e de paixón pola súa terra e cunha especial sensibilidade cara as mulleres e ao seu traballo na sociedade actual”.

No refectorio, Mulheres (arrainas, da raia galego -portuguesa e zamorá)
“Mulheres", en palabras da autora, son 90 fotografías froito dun proxecto arredor das mulheres arrainas, da  raia galego-portuguesa, e mesmo da raia  portuguesa-zamorá, e até da raia galego-berciá..., e continuará. Comezou en Pitôes das Junias (Montalegre) por ser unha aldea que conservou rasgos do comunitarismo en parte da veciñanza pero especialmente  nas mulheres idosas, e noutras mulheres que foron fotografadas, despois de longas conversas e de convivir con elas na aldea, estableceuse unha corrente de  irmanamento moi forte coas mulheres. “Son coma nós". As mulheres de máis idade as que rondaban os 100, contaron que súas nais axudaran aos escapados despois da "guerra  dos españois", e incluso algunha destas mulheres sendo case unhas mozas, vixiaban cando súas nais levaban aos galegos polo monte, esa axuda foi por humanidade, elas non sabían de política.

Tamén fotografou as mulheres arraianas galegas, de Gundimil e Requiáns, mesmo na raia. Mais outras foron as mulheres  coas que falei e fotografiei, as mulheres de Castro Laboreiro (Melgaço), mesmo na raia, tamén con costumes  do comunitarismo. E tamén falei e fotografei mulheres do Soajo, Arcos de Valdevez etc. e outras mulheres galegas da raia, mesmo da Mezquita, lindeiras con Vinhais, ou mesmo mulheres de Río de Onor (Bragança), onde o cumutarismo foi importante, ou as mulheres das aldeas arraianas de Miranda do Douro ou Mogadouro.

Unha viaxe polo mundo da Máscara na Sala Multiusos
Nesta viaxe fotográfica a autora presenta máis de 100 imaxes que poden verse ata o 31 de marzo. Esta mostra exhibise na sala Multiusos do Museo para que poida manter un diálogo narrativo coa exposición que hai xusto enfronte, na sala de Arte africano. Vázquez explica que a súa vida é o mundo da Máscara: “un mundo máxico e paralelo. Non quero saír deste mundo de caretos e mascarados, non quero vivir no mundo real, non gosto nadiña do que está a acontecer. Inmigrantes que non son aceptados, miseria, fame,  falla de principios e solidariedade ... Que está a pasar? Son tres días os que vivimos neste mundo, non paga a pena acumular riquezas, non paga a pena nada. Polo que decido quedar no mundo dás máscaras, no que atopei xente que é quen de compartir o que ten”.

Actividade complementaria
Ademais, como actividade complementaria a esta exposición, o día 12 de marzo ás 19:00 horas a Sala Multiusos do Museo, acollerá unha mesa redonda sobre O mundo da máscara. Neste encontro realizarase un percorrido histórico polos principais entroidos de Galicia. Participarán a Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro García, a autora, Mercedes Vázquez Saavedra, a responsable de Etnografía e Artes Decorativas do Museo, Maria del Rosario Fernández González; ademais dun representante do “Oso de Salcedo”, e outro do “Entroido Ribeirao”. Esta colección de fotografías serviron para afondar no estudo do complexo mundo das máscaras co obxectivo principal da súa difusión e conservación.

Fotógrafa, escritora e investigadora
Mercedes Váquez Saavedra ( Sarria, 1949). Cursou estudos en Lugo e León. Nos anos setenta exerceu como profesora de Educación Física, pero pronto pasou á Administración Pública. É autora de varias guías de viaxes e turismo da Ribeira Sacra e as terras do Courel. Ademais de ser unha escritora prolífica, tamén é fotógrafa e investigadora das nosas costumes e das nosas tradicións, como comprobamos no Museo Provincial. Actualmente, pertence á Academia Ibérica da Máscara, con sede en Bragança.

As Mulleres e as Máscaras, exposición no Museo Provincial
As Mulleres e as Máscaras, exposición no Museo Provincial
As Mulleres e as Máscaras, exposición no Museo Provincial