O Festival Atlántica de narración oral chega por primeira vez a Lugo, co apoio da Deputación
Unha ducia de artistas de Xapón, Uruguai, Alacante e Galicia actuarán nos cinco concellos participantes
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre Vázquez; a concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega; a concelleira de Cultura de Monforte de Lemos; Marina María Doutón Rajo, a alcaldesa de Guitiriz; Regina Polín Rodríguez, e a directora deste Festival, Soledad Felloza, presentaron no Vello Cárcere de Lugo a VII Edición do Festival Atlántica. Unha cita que conta co apoio da Deputación.
García Porto, remarcou que este festival é a primeira vez que se achega a terras lucenses, concretamente aos concellos de Lugo, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Fonsagrada e Viveiro. “E apoiamos esta iniciativa, na que participan un total de 16 concellos de toda Galicia, con 30 narradores en máis de 90 actuacións, para contribuír a promover e preservar a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións. E a literatura oral é unha delas”, sinalou a Deputada.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, congratulouse de que Atlántica recalara por fin en Lugo, “terra de tradición oral”, afirmando que o festival chegaba a unha “lugar máxico” para as palabras. Tamén salientou a variedade de espectáculos, artistas e espazos dos que vai facer uso o festival e engadiu que para pechar a semana está previsto un roteiro de poesía polas rúas da cidade.
Na súa quenda, a directora do Festival, Soledad Felloza, fixo fincapé na importancia simbólica de levar os contos ata Lugo porque é a oportunidade de “xuntar as voces antigas do interior e do mar na terra de Fole, Cunqueiro, Manuel María…” A sétima edición é “a do encontro das historias do mar e dos bosques, de Esmelle e do Atlántico, da Terra Chá, das cidades mergulladas, das lagoas míticas, do corazón da Galicia Encantada que recolle e custodia Reigosa”. Precisamente, Antonio Reigosa e mais Lois Pérez implicáronse activamente para lograr que Lugo se convertera nunha das sedes de Atlántica, feito que foi destacado tanto por Basadre como por Felloza nas súas intervencións.
A directora do festival tamén quixo subliñar a intensidade coa que Lugo se vai incorporar ao festival de narración oral: cinco concellos, catro xornadas, incluído o Día Internacional da Narración Oral, dez artistas e quince actuacións. “Atlántica soñaba con este encontro e agora traballa para que teña futuro”, rematou.
Os artistas
Ata Lugo van chegar as historias do xaponés Yoshi Hioki, do alacantino Pablo Albo e dos galegos Celso F. Sanmartín, Ángeles Goás, Lois Pérez, María da Pontragha, Raquel Queizás e Vero Rilo. Tampouco faltarán á cita contadores lucenses como Fátima Fernández e Lois Pérez. Este grupo de narradores vai desenvolver entre o 20 e o 23 de marzo unha programación para todos os públicos, con espectáculos para cativos e maiores que terán entrada libre e gratuíta ata completar o aforo. Ademais, cómpre salientar que toda a información sobre os artistas deste ano xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.gal/).
PROGRAMA PROVINCIA DE LUGO 2019
Mércores 20 de marzo (Día Internacional da Narración Oral)
“Un, dous e tres! Contos ao revés” | Fátima Fernández (Galicia) | En galego
12.15 I CEIP Rosalía de Castro | Lugo
Público infantil
“Contos de medo que dan risa” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán
18.00 | Biblioteca Municipal | Lugo
Público infantil e familiar
"Contar" | Celso F. Sanmartín (Galicia) | En galego
20.30 | Centro Cultural O Vello Cárcere | Lugo
Público adulto
Xoves 21 de marzo
“Contos de medo que dan risa” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán
“Romaría” | Raquel Queizás (Galicia) | En galego
17.30 | Salón de Actos dos Chaos | A Fonsagrada
Público infantil
"Contos, lerias e cousas pequenas" | Vero Rilo (Galicia) | En galego
"Contos para viaxar a Xapón" | Yoshi Hioki (Xapón)
17.30 | Sala Multiusos da Casa do Concello | Viveiro
Público familiar
“Contos pouco edificantes” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán
“Palabras na boca” | Raquel Queizás (Galicia) | En galego
20.00 | Salón de Actos dos Chaos | A Fonsagrada
Público adulto
"Lavandeiras" | Vero Rilo (Galicia) | En galego
"Contos populares do Xapón" | Yoshi Hioki (Xapón)
20.00 | Sala Multiusos da Casa do Concello | Viveiro
Público adulto
“Contos do que non hai” | María da Pontragha (Galicia) | En galego
“Nas corripas da memoria” | Lois Pérez (Galicia) | En galego
20.30 | Centro Cultural O Vello Cárcere | Lugo
Público adulto
Venres 22 de marzo
"Contos lerias e cousas pequenas" | Vero Rilo (Galicia) | En galego
"Contos para viaxar a Xapón" | Yoshi Hioki (Xapón)
17.30 | Biblioteca Municipal | Lugo
Público infantil e familiar
“De Tin Marín” | Soledad Felloza (Uruguai-Galicia) | En galego
“Contar” | Celso F. Sanmartín (Galicia) | En galego
17.30 | Casa da cultura ‘Poeta Lois Pereiro’ | Monforte de Lemos
Público familiar
“Contos de medo que dan risa” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán
“Contos de hai mil anos… ou máis” | Ángeles Goás (Galicia) | En galego
17.30 | Casa Habanera | Guitiriz
Público familiar
“Contos para adultos” | Vero Rilo (Galicia) e Yoshi Hioki (Xapón) | En galego e castelán
19.30 | Centro Cultural O Vello Cárcere | Lugo
Público adulto
“O comezo do mundo” | Soledad Felloza (Uruguai-Galicia) | En galego
“Contar” | Celso F. Sanmartín (Galicia) | En galego
20.00 | Casa da cultura ‘Poeta Lois Pereiro’ | Monforte de Lemos
Público adulto
“Contos pouco edificantes” | Pablo Albo (Alacante) | En castelán
“O medo é libre” | Ángeles Goás (Galicia) | En galego
20.00 | Casa Habanera | Guitiriz
Público adulto
Sábado 23 de marzo
“Unhas gafas como as do avó” | Caxoto (Galicia) e Gema Santos (Madrid-Galicia) | En galego
11.30 I MIHL - Museo Interactivo de la Historia de Lugo | Lugo
Público familiar | Espectáculo con voz e lingua de signos
*Todos os espectáculos teñen entrada libre e gratuíta