A Capela de Santa María acolle a mostra fotográfica “No carro un latexar”, co apoio da Deputación
García Porto convidou “a todos os lucenses e visitantes a achegarse a Capela para coñecer e descubrir unha iniciativa artística que pon en valor a nosa cultura e nas nosas tradicións”
A autora , Lydia Castro, é fotógrafa e xornalista especializada en patrimonio histórico e cultural, e realizou estancias en diferentes institucións culturais como o Vitoria & Albert Museum de Londres ou o Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico ( IAPH) de Sevilla, onde se especializou en dixitalización de fondos fotográficos
A Capela de Santa de María acolle, ata o 30 de marzo, a mostra fotográfica: “No carro un latexar. Cultura popular e identidade no Folión de Chantada”, realizada por Lydia Castro. Esta colección, que recolle 25 obras, foi unha iniciativa que promoveu a Asociación Cultural Amigos do Folión, co principal apoio da Deputación. A exposición estará aberta en quenda de mañá dende ás 11:00-14:00, e 17:00-20:00 horas pola tarde.
Lydia Castro (Vigo, 1987)
Fotógrafa e xornalista especializada en patrimonio histórico e cultural. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e técnica superior en Fotografía pola EASD Antonio Faílde de Ourense. Traballou como bolseira para o xornal ELPAÍS, ademais de desenvolver un crecente interese no campo do patrimonio cultural. Realizou estancias en diferentes institucións culturais, como o Vitoria & Albert Museum de Londres ou o Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico ( IAPH) de Sevilla, onde se especializou en dixitalización de fondos fotográficos e bibliográficos históricos, así como en fotografía documental das diversas ramas do patrimonio cultural.