Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Preto de 350 persoas de etnia xitana atoparon traballo grazas ás colaboracións do Goberno Provincial e Municipal

etnia xitana
traballo
Preto de 350 persoas de etnia xitana atoparon traballo grazas ás colaboracións do Goberno Provincial e Municipal
López Izquierdo e González Abelleira mantiveron un encontro con usuarios da Fundación Secretariado Xitano, para coñecer os resultados da colaboración que manteñen o Goberno Provincial e Municipal que ascende aos 48.000 euros

A FSG, que leva funcionando preto de 15 anos, leva a cabo programas educativos e de inserción laboral. Nos últimos anos, prestou atención a 133 nenos para superar a ESO e 496 maiores recibiron formación profesional, dos cales 350 atoparon traballo

López Izquierdo subliñou que “dende o Goberno mantemos un firme compromiso pola plena integración de colectivos en risco de exclusión social e a nosa colaboración con esta asociación é unha forma de seguir traballando e avanzando neste senso”

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro con usuarios da Fundación Secretariado Xitano. Os Gobernos Provincial e Municipal realizan unha achega económica de 48.000 euros a este colectivo co fin de colaborar en programas educativos e de inserción laboral. Nos últimos anos a Fundación atendeu a 133 nenos de entre 12 e 16 anos de idade para que logren superar a ESO e continúen cos estudos postobligatorios; e 496 maiores recibiron formación laboral, dos cales 346 asinaron un contrato.

Os plans e programas de educación e reinserción laboral que leva a cabo a Fundación Secretariado Xitano son:

- Programa Promociona: o obxectivo deste proxecto, que dende o ano 2012 atendeu a 155 escolares, é que os mozos xitanos rematen con éxito, os estudos de ESO e continúen formándose tras recibir a educación obrigatoria. Esta iniciativa non se dirixe soamente ao propio alumnado, senón que inclúe as familias e aos centros educativos, é por iso que o Programa Promociona traballa a nivel individual, grupal e sociocomunitario.

A través destas accións, establécese un plan de traballo personalizado para cada alumno no que se establecen as necesidades, accións a desenvolver e prazos de revisión. Este traballo realízase mediante entrevistas individualizadas coas familias para que desenvolvan as competencias necesarias para lograr o éxito escolar. Ademais realízanse sesións de apoio grupal nas cales os mozos traballan para reforzar os coñecementos das diferentes materias e créanse espazos de reflexión e debate coas familias.
- Programa Acceder: a través deste proxecto de emprego, a Fundación Secretariado Xitano, ofrece intermediación laboral para facilitar a incorporación ao mercado profesional da poboación xitana. Céntrase na formación e cualificación profesional dos participantes, nos factores da transformación e elementos estratéxicos do fomento da empregabilidade. As accións formativas conveniadas con empresas constitúen un dos principais factores de éxito; formación principalmente prácticas, vinculada ao emprego e adaptada ás necesidades funcionais da empresa. Nos últimos anos e a través deste programa formáronse 496 persoas, das cales 346 conseguiron un posto de traballo.  

López Izquierdo subliñou que “dende o Goberno mantemos un firme compromiso pola plena integración de colectivos en risco de exclusión social e a nosa colaboración con esta asociación é unha forma de seguir traballando e avanzando neste senso. É por iso que poñemos o noso gran de area para achegar competencias educativas necesarias e conseguir que, rapaces de 12 a 16 anos de idade, se gradúen na educación obrigatoria e continúen os estudos postobrigatorios, para que dispoñan de máis oportunidades de acadar un posto de traballo”.

Secretariado Xitano


Este colectivo social, que leva funcionando preto de 15 anos, ten como misión a promoción integral da comunidade xitana, orientada a promoción e equiparación das dos seus dereitos, servizos, bens e recursos sociais en igualdade de condicións ca o resto da cidadanía. A FSG desenvolve todo tipo de servizos e programas que contribúen a alcanzar a plena cidadanía das persoas  xitanas: promoven a igualdade de trato e tentar evitar toda forma de discriminación, melloran as condicións de vida ou desenvolver a autonomía persoal, entre outros ámbitos.

 

Preto de 350 persoas de etnia xitana atoparon traballo grazas ás colaboracións do Goberno Provincial e Municipal