O Pazo de San Marcos acolle o último proxecto do fotógrafo lucense Pradero
Este proxecto, que abrangue imaxes dende Ribadeo ata O Vicedo, é froito da conexión do autor co mar e as súas xentes, nas que amosa as emocións vividas nestes enclaves da Mariña
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, inaugurou este xoves na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o novo proxecto do fotógrafo lucense José Luís Rodríguez “Pradero”. Baixo o título “Meridiano 7, 30º Oeste”, presenta esta colección de 35 fotografías que poderán verse ata o 22 de abril. Este título ten que ver coa coordenada xeográfica da Mariña Lucense no meridiano.
Con esta nova proposta o autor achéganos á paisaxe e a vida das persoas da Mariña Lucense, coa que amosa o sacrificio que realizan os traballadores do mar e as súas condicións de traballo extremas. Ademais tamén resalta o como seu carácter afable, sinxelo, humano e empático que evidencia o seu amor e o seu profundo respecto pola paisaxe, a natureza e as xentes.
A través desta colección de imaxes que comezou a realizar no 2014 das praias da Mariña Lucense, Pradero descubriu segundo as súas propias verbas: “que a xente do mar esta feita doutra pasta”. O seu traballo documental vai mais alá do fotoxornalismo, sobre todo en canto a profundidade, xa que retrata o modo de vida e a situación social dun determinado grupo social. Este proxecto, que abrangue dende Ribadeo ata O Vicedo, é froito da conexión do autor co mar e as súas xentes co que presenta esta serie de fotografías, nas que amosa as emocións vividas nestes enclaves da Mariña.
“Noutro tempo futuro ou pasado a miña vida estaría ligada ao mar”
José Luís Rodríguez Pradero, naceu en Anderlecht (Bélxica) en 1969, e iniciase como fotografo aos sete anos cunha Kodak Instamatic. Na súa xuventude, adicou gran parte do seu tempo a experimentar con diferentes cámaras que comezará a utilizar de xeito autodidacta. Foi no 1995 cando comeza a súa carreira profesional da fotografía social que dereivará nun fotoxornalismo colaborando con xornal “El Progreso”, e na “Voz de Galicia” , como redactor gráfico dende 1999 ata o 2013. Tamén traballou na revista “Interviu” dende o ano 2014 ata o seu peche. Actualmente continua o seu traballo realizando fotografías de publicidade, arquitectura, industrial, temática social e sucesos, destacando os seus traballos para xornais nacionais como “El Mundo”, “El País”, ou o “Jornal de notícias de Portugal”. Pradero sinala ademais que tras vivir esta experiencia: “noutro tempo futuro ou pasado a miña vida estaría ligada ao mar”.
Presentación
Ao acto de inauguración na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos asistiron ademais do autor, o Comisario da Exposición, Germán Limeres López, así como representantes das Confrarías da Mariña, redeiras da Comarca e mariñeiros, que foron os verdadeiros protagonistas desta mostra.