A Deputación organiza dende abril a novembro 9 cursos de iniciación á artesanía con 72 prazas

cultura
CENTRAD
Pilar García Porto
cursos centrad
- Coiro, xoeira, vimbio, fotografía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no CENTRAD e na aula do Centro de Cestería do Río Rato e contan cun total de 488 horas
- Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, e os interesados deben inscribirse a través da web da Deputación, onde haberá un banner habilitado. Para consultar ou recibir información sobre esta programación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66

A Deputada  de Cultura, Pilar García Porto, presentou este mércores no CENTRAD os 9 cursos de iniciación de artesanía, que comezan dende abril ata novembro, e que ofrece o Goberno da Deputación con 72 prazas dispoñibles. Coiro, xoeira, vimbio, fotografía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no CENTRAD e na aula do Centro de Cestería do Río Rato, cun total de 488 horas.

Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, é convertese nunha oportunidade única para achegarse e coñecer oficios tradicionais como cestería, coiro e tapizaría, ou descubrir outros máis innovadores como xoeira ou fotografía. Ademais esta programación converterse nunha boa iniciativa para poñer en valor todo o sector artesanal da provincia.

No mes de abril comezan os cursos de cestería tradicional galega, complementos en coiro para preparar pezas para o Arde Lucus e tamén un Obradoiro de reprodución de refaixos bordados que imparte TRAXANDAINA. No mes de maio tamén haberá tres cursos de xoiería técnicas básicas, elaboración de pezas en fibra de roten e un curso de iniciación á tapizaría. No mes de xuño a programación inclúe dous cursos, un de elaboración de figuras con vimbio e un curso de fotografía artesanal. E por último no mes de outubro un curso de xoeira creativa.

Inscrición
Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, e os interesados deben inscribirse a partir do luns, a través da web da Deputación, onde haberá un banner habilitado, e onde se indica a matrícula a pagar en cada curso. Para consultar ou recibir información sobre esta programación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das programacións quere participar. 

Calendario de cursos
ABRIL

CURSO

DATA

UBICACIÓN

PRAZAS

MATRICULA

Cestería tradicional galega (40 h.)

22 abril ao 6 de maio.  Horario: 9:30-13:30 (luns a venres)

Casa de cestería no paseo do Rato

10

20€

Complementos en coiro (preparación de pezas para o Arde Lucus)

(60 h.)

22 de abril ao 13 de maio Horario: 16:30 a 20:30 (luns a venres)

Aula grande do pavillón 5 (CENTRAD)

10

30 €

Obradoiro de reprodución de refaixos bordados, impartido por TRAXANDAINA (56 h.)

(fins de semana) 

Abril  27 -28                                           Maio: 4 - 5 ; 11- 12; 18 – 19; 25 – 26                                        Xuño: sábado 1, 2, 8 e 9

Horario:sábado (10:00-13:00h-16:00 a 19:00h)             Domingo (10:00-12:00 h)

Aula grande do pavillón 5 (CENTRAD)

6

28€

 

 

MAIO

Xoiería técnicas básicas. 80 h 

2 ao 30 de maio. Horario: 16 - 20 horas (luns a venres)

Aula de xoiería pavillón 5 (CENTRAD)

6

40€

Elaboración de pezas en fibra de roten (40 h)

20 ao 31 de maio. Horario: 9:30 ás 13:30

(luns a venres)

Casa de cestería no paseo do Rato

10

20€

Iniciación á tapizaría (52 h)

20 de maio ao 5 de xuño

Horario: 16:00 ás 20:00 h (luns a venres)

Aula grande do pavillón 5 (CENTRAD)

6

26€

XUÑO

Elaboración de figuras con vimbio (40 h)

 

3 ao 14 de xuño

Horario: 9:30 ás 13:30 h (luns a venres)

Casa de cestería no paseo do Rato

8

20€

Curso de Fotografía artesanal

(70 h)

17 ao 28 de xuño

Horario: 9:30 ás 13:30 h (luns a venres)

Casa de cestería no paseo do Rato

10

30€

OUTUBRO

Xoiería creativa (50 h.)

 

(fins de semana)  Outubro  19-20 ;26-27                                          Novembro: 9-10; 16-17; 23-24

Horario: sábado de 10:00 a 13:00-16:00 a 19:00 horas                 Domingo de 10:00 a 14:00 horas

Aula de xoiería pavillón 5

(CENTRAD)

6

25€