Cultura
Deputación de Lugo

3 compañías galegas e unha leonesa protagonizan o XXV Festival de Teatro Universitario no Lugo Cultural

cultura
Teatro
XXV Festival de Teatro Universitario
A IV edición da Findecurta terá lugar dende o 26 ao 30 de abril, unha iniciativa audiovisual para o impulso de novos creadores na provincia

O 27 de marzo na Praza Maior terá lugar a lectura do manifesto galego do Día Mundial do Teatro creado polo dramaturgo Carlos Santiago

O Lugo Cultural é o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e USC co que se ofrecen actividades lúdico-culturais totalmente gratuítas durante todo o ano

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto o Adxunto a Vicerreitoría do Campus de Lugo, Jesus Varela, e a Técnica Especialista en actividades Culturais da USC, Paloma Lugilde, presentaron este xoves na Capela de Santa María o XXV Festival de Teatro Universitario e a IV Findecurta. Estas actividades están enmarcadas dentro do programa Lugo Cultural, o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e Universidade de Santiago.

García Porto subliñou que “ dende o Goberno da Deputación colaboramos co Concello de Lugo e coa USC para achegar os lucenses unha ampla programación lúdico-cultural durante todo o ano e totalmente gratuíta”.

A Deputada explicou que “a provincia de Lugo conta cunha gran tradición co mudo do teatro, na que hai moitas compañías tanto amateur como profesional. Por iso o Goberno da Deputación puxo en marcha iniciativas como o buxiganga e o programa proscenio. Este festival convertese nunha oportunidade única para descubrir novas propostas. Ademais Lugo tamén despunta no sector audiovisual con moitas iniciativas innovadoras recoñecidas e premiadas, coas que tamén colabora o Executivo Provincial”.

Antes da presentación na Capela de Santa María, os alumnos da compañía de teatro da USC de Lugo, Antonela Sturlla, Pablo Fernández, Ramón Fernández e Miguel Torres, realizaron unha performance: Casa de ilusións.

Festival de Teatro Universitario
O teatro é unha aposta forte do Lugo Cultural, por iso do 26 de marzo ao 1 de abril celebrarase a XXV edición do Festival de Teatro Universitario, que reunirá a diferentes compañías de Galicia, inclusive a unha compañía de León, e que dedica xornadas á exposición dos microproxectos nos que traballan estudantes de teatro que se atopan fóra de Lugo. Todas as actuacións do Festival de teatro Universitario terán lugar no Auditorio Gustavo Freire. A entrada é libre salvo para a actuación da Casa de ilusións. As entradas recóllense na oficina de cultura da vicerreitoría de coordinación o día 22 de marzo de 10:00 horas a 14:00 horas (máximo 2 por persoa).

-    O martes 26 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Aula de Teatro da USC de Santiago de Compostela coa obra A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour de Roberto Salgueiro.
-    O venres 29 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación do Teatro el Mayal da Universidade de León coa obra Aquí en la tierra a cargo de Javier R. de la Varga.
-    O sábado 30 de marzo ás 20:30 horas, o domingo 31 de marzo ás 18: 00 horas e ás 20:30 horas e o luns 1 de abril ás 10:30 terá lugar a actuación da compañía de teatro da USC de Lugo coa obra Casa de ilusións dirixida por Paloma Lugilde.
-    O luns 1 de abril ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Compañía Maricastaña da Aula de Teatro de Ourense coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse dirixido por Fernando Dacosta.

Actividades complementarias ao festival
- O mércores 27 de marzo ás 18:00 horas e as 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire terá lugar un encontro coa compañía de teatro da USC de Lugo. Ás 21:00 horas no fondo da Praza Maior terá lugar unha intervención na rúa dos teatreiros e teatreiras de Lugo e a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro creado por Carlos Santiago.
- O xoves 28 de marzo ás 12:30 no Auditorio Gustavo Freire terá lugar o ensaio xeral e coloquio da Casa de ilusións (aforo limitado).

Findecurta
A IV edición da Findecurta terá lugar do 26 ao 30 de abril. As persoas que queiran participar neste certame audiovisual para o impulso de novos creadores, teñen que inscribirse do 22 de marzo ao 23 de abril na Oficina de Cultura na Vicerreitoría de Coordinación, de 9:00 a 14:00 horas, ou enviar un correo electrónico co pdf a cultura.lugo@usc.es. As bases e a ficha de inscrición na www.lugocultural.gal. Máis información no 982821513.

O 10 de maio as 21:00 horas na Praza de Santa María terá lugar a Festa FinDeCurta coa entrega de premios e un concerto coa presentación do novo disco de Factoría de Subsistencia con Josito Porto. Os premios :
-    1º premio:  de 400 euros e a participación na 41º Semana Internacional de Cine de Autor, onde competirá polo Premio a Mellor Curtametraxe galega.
-    2º premio (premio do público): pa participación na 41º Semana Internacional de Cine de Autor, onde competirá polo Premio a Mellor Curtametraxe galega.

 

XXV Festival de Teatro Universitario