Cultura
Deputación de Lugo

O blues de Gisele Jackson chega a Lugo este domingo nun concerto gratuíto da man da Deputación

cultura
música
concertos
Concerto de Gisele Jackson
A cantante norteamericana ofrecerá o domingo 31 de marzo, ás 13:30 horas, na Praza da Bispo Basulto -entre a Praza do Campo e a Catedral- un concerto aberto ao público

Jackson participou durante anos en xiras de persoeiros como Ray Charles ou Donna Sumers, entre outros. A revista Billboard elevouna á categoría de diva a raíz do seu gran éxito mundial, o clásico de baile Love Commandments. O single alcanzou o número 3 na lista de baile de Billboard, catapultando a Gisele ao olimpo da música house e dance

Deputación e Concello de Lugo están a organizar a programación do Festival de Blues, unha iniciativa gratuíta coa que ambas as institucións traen a Lugo a artistas punteiros do blues. A programación presentarase nos vindeiros días

O blues de Gisele Jackson chega a Lugo este domingo da man da Deputación. O vindeiro 31 de marzo, ás 13:30 horas, a artista norteamericana ofrecerá na praza Bispo Basulto (entre a Praza do Campo e a Catedral) un concerto totalmente gratuíto no que amosará parte da súa obra, que conta cun grande recoñecemento a nivel internacional.

De feito, Jackson participou durante anos en xiras de persoeiros tan importantes no mundo da música como Ray Charles ou Donna Sumer, entre outros. A revista Billboard elevouna á categoría de diva a raíz do seu gran éxito mundial, o clásico de baile Love Commandments. O single alcanzou o número 3 na lista de baile de Billboard, catapultando a Gisele ao olimpo da música house e dance.
 
Gisele Jackson
Gisele Jackson, naceu en Baltimore, Maryland, é unha cantante e diva da música house recoñecida mundialmente polos seus éxitos internacionais. Graduouse na Universidade de Howard e comezou a súa carreira cunha primeira banda de soul clásica e actuou por máis de 18 países en América do Norte, Asia, Europa e África, e visitou en solitario os principais clubs de jazz de USA.

Foi teloneira de artistas da talla de Perico Ponte, Bette Midler, The Commodores, B-52 e unha gran cantidade de xigantes da música. Ademais, chegou a actuar nos éstreos e cerimonias de premios de Hollywood e apareceu na gran pantalla cantando na película First Wives Club. Foi a encargada de cantar na tóma de presidencia do mesmo Bill Clinton. Tamén participou noutros proxectos como no teatro, con papeis como Effie en Dream Girls, Bessie en Life & Death of Bessie Smith”, Evilene en The Wiz, Luttibelle en Purlie e Frankie en Carmen Jones. Chegou á televisión cunha campaña comercial mundial para Johnnie Walker.

III Festival de Blues
A Deputación, en colaboración co Concello de Lugo, está a organizar a nova programación do Festival de Blues, unha iniciativa totalmente gratuíta coa que ambas as institucións traen a Lugo a artistas  punteiros do blues así como as novas promesas deste xénero, chegados de distintos puntos do mundo. A programación presentarase nos vindeiros días.