Cultura
Deputación de Lugo

Aprobadas as bases das axudas de 280.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses

cultura
axudas
Aprobadas bases axudas asociacións culturais
Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, habilitarase un banner con toda a información, e a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural

Primaranse as actividades que fomenten a igualdade de xénero, á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais

Na pasada edición o Goberno da Deputación dinamizou as actividades culturais na provincia en 57 municipios con 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural

A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases das axudas de 280.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, habilitarase un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural.

Cultura
As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2019. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras. O prazo de execución de actividade será dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019.

Baremos sociais
Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. O prazo para presentar a conta xustificativa desta achega económica remata o 31 de marzo de 2020.

Balance 2018
Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 309 axudas a entidades culturais para financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000 euros da Deputación. Trátanse das axudas que o Goberno Provincial puxo á disposición do tecido asociativo lucense en réxime de concorrencia competitiva no 2018. Son colaboracións que van dende os 300 aos 3.000 euros.