PÓRTICO DA GLORIA

A iconografía musical, cicelada ao longo do vello camiño a Santiago, representa a mellor fonte documental para o estudo da música medieval.  Estas imaxes son  excepcionais para recuperar os sóns que, nalgúns casos, perviven na nosa música popular. A cidade de Santiago de Compostela, meta da peregrinaxe, destaca con dous centros excepcionais: o Pórtico da Gloria da catedral Compostelá e o Pazo de Xelmírez. 


Este conxunto monumental dos séculos XII e XIII foi obxecto dun proxecto multidisciplinar de investigación e reconstrución impulsado pola Deputación de Lugo entre os anos 1993 e 1994.


Un equipo coordinado entre artesáns, organólogos, historiadores da arte e músicos  reunidos no Obradoiro de instrumentos musicais, estudou os instrumentos esculpidos en pedra, nas ménsulas e na arquivolta e representados en diferentes posicións, o que permitiu obter detalles de tódolos ángulos e poder así acometer con certas garantías a reconstrución en madeira. O resultado foi unha colección única de réplicas de instrumentos de corda desta época, tanto desde o punto de vista acústico como ergonómico. Coa finalidade de presentarlles a estudosos e público en xeral o traballo desenvolto e potenciar o uso dos instrumentos reconstruídos, constituiuse un grupo de especialistas en música medieval baixo o nome de Porque trobar... co que percorreron diferentes países Europeos; o seu disco Compostela Medieval foi seleccionado como “Choc Monde de la Musique” no ano 1999.

GALERÍA DE IMAXES

arpa 19
giga 11
laude 20
músico 6
músico 10
músico 11
músicos 1, 2
músicos 12, 13
músicos 18 a 20
músicos 23, 24
organistrum 12, 13
rota
salterio
viola de brazo 1, 2
viola de brazo 6
viola de brazo 24

Contidos relacionados


DESCARGABLES

 


Dirección

    Luciano Pérez Díaz

Investigacións

    Christian Rault, Francisco Luengo, John Wright e Ramón Yzquierdo

Mestres artesáns

    Antonio Franco, Carlos Galván, Christian Rault, Francisco Luengo, John Wright

    Luciano Pérez, Xermán Árias e Xesús Pérez

Músicos Porque Trobar...

    John Wright, Director

    Anello Capuano, Equidad Baréz, François Johannel, Francisco Luengo e Olivier Cherés

Institucións públicas

    Arzebispado de Santiago de Compostela, Bispado de Lugo, Museo Provincial de Lugo

    S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, Sociedade anónima de xestión do plan Xacobeo

    Radio Galega, Televisión de Galicia e Xunta de Galicia

Revisión lingüística

    Xabier Rodríguez Barrio