O Salón Internacional do Cabalo EQUIGAL abre as súas portas e converte a Lugo na capital ecuestre de Galicia

Salón Internacional do Cabalo
Equigal
capital ecuestre de Galicia
Salto de Obstáculos Cidade de Lugo
Concurso de Andadura Galega Federado
O Salón Internacional do Cabalo EQUIGAL abre as súas portas e converte a Lugo na capital ecuestre de Galicia
Este venres, comezaron as actividades do Equigal coa exhibición de Salto de Obstáculos Cidade de Lugo e o Concurso de Andadura Galega Federado.

Equigal 2019 ofrece do 17 ao 19 e do 24 ao 26 de maio de 2019 actividades deportivas, concursos e exhibicións relacionadas co mundo do cabalo. Dispón tamén de zona de ocio infantil con inchables e paseos ecuestres. A entrada é de balde

Santos Ramos subliñou que “tras máis dunha década de celebración do EQUIGAL en Lugo, esta cita está asentada completamente na nosa provincia e situase nos primeiros postos dos ranking nacional do mundo ecuestre”

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos asistiu este venres a apertura de EQUIGAL, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, do 17 ao 19 e do 24 ao 26 de maio de 2019. Equigal conta cun gran éxito de participación e de público xa que nas últimas edicións superáronse os 16.000 visitantes, a entrada deste ano é totalmente gratuíta.

Santos Ramos subliñou que “tras máis dunha década de celebración do EQUIGAL en Lugo, esta cita está asentada completamente na nosa provincia e situase nos primeiros postos dos ranking nacional do mundo ecuestre. Desde o Goberno Provincial apoiamos esta iniciativa que contribúe a dinamizar a economía da provincia impulsando directamente o sector primario e tamén o deporte, o ocio e o sector servizos”.

Neste encontro tivo lugar unha exhibición de Salto de Obstáculos Cidade de Lugo con diversas probas que se disputaron seguindo baremos de contrareloxo, caza, potencia... Houbo tamén un Concurso de Andadura Galega Federado, unha proba na que se recoñece á Andadura Galega como modalidade federada de deporte de Galicia.

Equigal 2019 conta ademais cunha zona de exposición e venda formada polas ganderías participantes nos concursos morfolóxicos e unha zona de ocio infantil con diversas actividades relacionadas co mundo do cabalo dirixidas aos máis cativos, como inchables ou paseos ecuestres.

 

 


Programación

19 de maio
- Torneo de Horseball: disciplina deportiva que combina equitación e baloncesto.
Do 24 ao 26 de maio
- Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española.
25 de maio
- Exhibición Carrusel Infantil por Hípica Amazonas: no que unha vintena de rapaces e rapazas exhibirán exercicios de doma e sincronización nun espectáculo musical.
26 de maio
- Proba da enganches: son probas de velocidade, que consisten en evitar derribar os obstáculos.

 

O Salón Internacional do Cabalo EQUIGAL abre as súas portas e converte a Lugo na capital ecuestre de Galicia
O Salón Internacional do Cabalo EQUIGAL abre as súas portas e converte a Lugo na capital ecuestre de Galicia