As rúas de Lugo desfrutan da actuación do Grupo Palimoco Teatro
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou nunha nova actividade enmarcada dentro da programación da Semana das Letras Galegas que se levou a cabo polas rúas de Lugo. Na tarde do domingo un cento de persoas puideron desfrutar da actuación Letra Viva do Grupo Palimoco Teatro.
Con esta actividade dáse por finalizada a programación que se levou a cabo dende o Goberno Provincial co gaio do Días das Letras Galegas na cidade de Lugo. O luns 20, en Guitiriz ás 18:30 horas terá lugar a actuación de Canta, Miña Pedra, Canta de Xoán Curiel e Charo Pita.
Durante esta semana os lucense puideron desfrutar dunha ampla programación cultural que contou con diversas actuacións musicais, espectáculos de danza, teatro e monicreques e con actividades en centros educativos. Ademais preto de 7000 escolares de 42 centros da Provincia desenvolveron a Semana Escolar das Letras co libro manual Antonio Fraguas, Unha Epopea Vital.