Cultura
Deputación de Lugo

A forza de Sonia Lebedynski chega ao Vello Cárcere

Lugo
música
o vello cárcere
Imaxe deputación de lugo
O concerto forma parte da programación Mulleres con Forza, que organizan a Deputación e o Concello de Lugo. A cantante e compositora presentou un espectáculo moi persoal e de raíces diversas

Este domingo tivo lugar a presentación en Lugo do disco Deserto de Centos o primeiro traballo en solitario da artista Sonia Lebedynski. O concerto tivo lugar no Vello Cárcere, e está incluído na programación Mulleres con Forza, organizada pola Deputación e o Concello de Lugo.

A cantante e compositora, que durante máis de 10 anos foi a voz de Fía na Roca, presentou un espectáculo cunha gran forza sonora, moi persoal de raíces diversas, desde os sons máis tradicionais e folks cos que comezou a ser coñecida ata o funk, o pop ou a música brasileira, estilos que a inspiraron ao longo dos seus anos dedicada á música. Durante o concerto estivo acompañada da súa banda: Sérgio Tannus (Direción musical e cordas), Jose Manuel Díaz (Baixo), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Manuel Paino (trompeta), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono) e Jose Luis Miranda (trombón).